Manifestación pola dignidade da Atención Primaria

photo_2018-12-23_12-44-05

A Coordinadora apoia a mobilización do 27 de decembro convocada pola Atención Primaria de Vigo.

Chegou a hora de dicir basta, e facer como en Francia: saír todas e todos á rúa contra a destrución da sanidade galega.

Temos que facer como en Fuente Ovejuna, “todas a una”, ante as miserias ás que nos somete Feijóo, “crear grupos de traballo, ou contratar por máis anos aos médicos”.

Fartas estamos de tanta promesa que fai á pobación ante as novas eleccións. A sanidade galega está ferida de morte, e unhas tiritas non a van sanear.

Debemos unir forzas, non podemos ir por separado como ata agora está pasando dentro do persoal do Sergas. As traballadoras/es de URXENCIAS DO CHUS, PACs, e agora Atención Primaria en Vigo, e quen serán os próximos? Non pode prevalecer o “sálvese quen poida”. Esta mobilización ten que ser o comenzo dun plan sostido no tempo de continuar na rúa, porque a meta non son as eleccións institucionais, a meta ten que ser seguir na rúa ata conseguir unha sanidade pública 100 %.

Dende esta Coordinadora vimos defendendo esta necesidade, e traballando pola unidade de traballadores/as e usuarias/os contra as políticas privatizadoras dos gobernos do PP-PSOE, que manteñen a súa lóxica da convivencia da privada é a pública e nós decimos que non, que queremos unha sanidade 100 % pública, e para iso é necesaria a derogación do artigo 135 da Constitución, e o artigo 60 da lei de Sanidade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: