XORNADAS DE LOITA POLA SANIDADE PÚBLICA, 10 de decembro 2018. Día Mundial dos Dereitos Humanos

actividade 10
A Coordinadora Estatal de Mareas Brancas, no cumprimento das accións consensuadas na nosa VIIIª Asamblea, facemos unha

XORNADA DE LOITA CONTRA AS LISTAS DE ESPERA E A MERCANTILIZACIÓN DA SAÚDE.

Animamos a todas as persoas que rexeitaron ser derivadas á sanidade privada para intervencións ou probas diagnósticas, ou estean en espera dunha proba ou intervención, a que veñan connosco cunha copia da carta que lles enviou o Sergas onde pon que, por ter rexeitado a atención na privada, se pecha o seu expediente, quedando no limbo… E a Xunta non di en que lista están estas persoas.

Anímate e acode!

Se rexeitas unha sanidade privada, acode a apoiar!

Por unha sanidade 100 % pública

Queremos saber en que lista estamos

AS LISTAS DE ESPERA MATAN

POR QUE? Porque as listas de esperan matan, agravan patoloxías e discriminan ás persoas máis vulnerables. Nelas non existe igualdade, equidade nin calidade na asistencia médica. 

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública (A Coruña) (Mareas Brancas) acusa ao SERGAS de maltrato institucional a todas aquelas persoas que rexeitan operarse en centros privados, e de ocultalas en listas de espera non estruturais, opacas e sen control cidadán de ningún tipo.  

Devandito colectivo non aparece en ningunha estatística oficial, xerando unha situación de incerteza no paciente ante a falta de expectativa da espera prevista, vulnerando o Art. 4 do Real Decreto 605/2003, de 23 de maio, polo que se establecen medidas para o tratamento homoxéneo da información sobre as listas de espera no Sistema Nacional de Saúde

O goberno de Feijóo, para “reducir” as listas de espera, acode a hospitais privados, deixando o noso sistema público desprovisto de persoal e medios, como están denunciando as traballadoras e traballadores de urxencias do CHUS en folga e do persoal dos PACs. 

A este goberno do PP non lle importa a saúde dos galegos e as galegas, só lles importa os petos das clínicas privadas. Para eles a saúde é un mero negocio, todo o someten aos intereses do mercado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: