SOLIDARIEDAD COA LOITA DOS PACs -NON Á DESTRUCCIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

peche casa do mar

O persoal dos PACs segue en folga polas súas condicións de traballo e esixindo que se respecten os acordos do 2008. Neste cadro, pecharanse na Casa do Mar da Coruña o martes 27.

Dende a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de A Coruña apoiamos as reivindicacións dos PACs. O deterioro das condicións laborais e os recortes de persoal repercuten directamente no benestar do persoal sanitario e como consecuencia afecta á atención que se presta aos pacientes.

Consideramos que o deterioro nas condicións laborais do persoal dos PACs é un elemento máis do desmantelamento de todo o sistema público galego e estatal, e reivindicamos a contratación de persoal suficiente en condicións dignas.

Un desmantelamento que está provocando folgas e loitas en toda a sanidade, desde os PACs na Galiza até Emerxencias do CHUS de Compostela e máis aló. As ambulancias estiveron fai pouco en folga, POVISA ameaza con destruír 1.500 postos de traballo e deixar sen atención a 140.000 cidadáns, demostrando o que é a privatización: o beneficio privado por riba dos postos de traballo e os dereitos de usuarios e usuarias. En Catalunya tamén están en folga o que aquí serían os PACs, que alí se chaman CAP, que contan co apoio da Marea Branca Catalana.

Desde a Coordinadora consideramos que a destrución da sanidade, sendo como é un plan de conxunto dos sucesivos gobernos, incluído o actual, non debe recibir unha resposta illada, por áreas nin por Comunidades Autónomas; mais tamén hai que avanzar na coordinación e unidade nesta resposta.

Os traballadores e as traballadoras, os usuarios e usuarias, teñen que respostar dun xeito unido, á “francesa”. O “sálvese quen poida” é garantía de que “non se salva nin deus”.

Neste camiño seguiremos traballando, e chamamos á sociedade, e ás súas organizacións sindicais e políticas, a apoiar a folga e o peche das e dos traballadores dos PACs este 27 de novembro na Casa do Mar (A Coruña).

Todas estas loitas son parte do obxectivo dunha Sanidade 100 % pública e de calidade, por iso esiximos da Xunta unha resposta positiva ás reivindicacións dos traballadoras e traballadores dos PACs, como do resto da sanidade.

Neste sentido de unidade contra o desmantelamento da sanidade pública, chamamos a participar na convocatoria de mobilizacións en todo o estado, o vindeiro 10 de decembro, contra as listaxes de espera na Sanidade. Listaxes que son a manifestación máis dramática da “chantaxe emocional” que supón a destrución da sanidade pública, obrigando a usuarios e usuarias a dirixirse cara a sanidade privada, se queren ser curados das suas doenzas.

A SANIDADE NON SE VENDE 

A SANIDADE DEFENDESE

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: