XORNADAS DE LOITA POLA SANIDADE PÚBLICA, 10 de Decembro 2018. Día Mundial dos Dereitos Humans

Contra as listas de espera e a mercantilización da saúde

Desde a Coordinadora Estatal de Mareas Brancas en cumprimento das accións consensuadas na nosa VIIIª Asemblea, plantexamos a presente convocatoria como resposta necesaria á degradación intolerable que está a padecer o Sistema Público de Saúde. A situación é hoxe crítica e ameaza a subsistencia mesma do carácter público e a dignidade da atención sanitaria. Iso é especialmente grave en Atención Primaria, afectada por unha serie de agresións sistemáticas.

As listas de espera alcanzaron un volume e unha gravidade que supoñen un auténtico desespero intolerable que ademais de agravar as patoloxías, discrimina ás persoas máis vulnerables. MATAN. Todo se somete aos intereses de mercado, privatízase, escóndese ou disfrazase, a saúde transfórmase en mero obxecto de negocio. 

Os datos e as cifras ilustrativas deste ataque sostido son escandalosos e cada realidade ten a súa lectura concreta, aínda que sempre dentro dunha lóxica global de depredación capitalista e mercantil. Empregan eufemismos como a externalización, a sustentabilidade, os co(Re)pagos ou a mal chamada colaboración público-privada ou colaboración público-social como fórmula de parasitar os escasos recursos públicos cara ao lucro empresarial. En realidade, con eles sempre privatizan, mercadean, corrompen, desmantelan e levan a Sanidade Pública ao límite da súa supervivencia como tal. Así, distinto, pero igual en todas partes.

É por iso polo que a Coordinadora Estatal de Mareas Brancas pola Saúde decidimos chamar a unha Xornada de loita xeral, dentro das nosas accións cotiás, para denunciar, visualizar, organizar a mobilización cidadá. Unha acción a escala do país onde reivindicar, defender e construír con absoluta claridade e determinación o noso obxectivo común: o Sistema Nacional e Público de Saúde, con carácter universal, equitativo, integral e de calidade.

Dirixímonos de forma aberta e plural a unha suma diversa de organizacións, de entidades, territorios, de loitas, de persoas e colectivos reafirmando a nosa titularidade dos Servizos Públicos en xeral e hoxe, do Dereito á Saúde en particular. Só actuando xuntas poderemos confluír nunha gran chamada capaz de parar os pés á insaciable sangría e roubo que exercen as políticas neoliberais con total impunidade: Traballadoras e profesionais, batas brancas ou azuis, asociacións civís, cidadanía organizada e empoderada, axentes e entidades do sector e dos seus determinantes sociais unidas como cidadanía responsable e con todos aqueloutros que se opoñan á deriva en curso.

O día 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, será o noso día; imos saír ás rúas e centros nunha xornada de loita de ámbito estatal, insurxentes e erguid@s, esixindo o noso Dereito á Saúde.

Cada territorio, Marea Branca, organización, asociación, entenderá como actuar na súa realidade concreta. Pensamos en concentracións, manifestacións, actos públicos ou performances, recollidas de firmas, presenza nas portas dos centros de saúde e en hospitais, presenza en administracións, e calquera tipo de acción que democraticamente a cidadanía decida desenvolver.

Imos convocar aos medios de comunicación e a recoller todas estas accións e mostrar aos inimigos da Sanidade Pública, a eses inimigos do pobo, que xa non consentimos máis o seu cínica estratexia.

Fora as mans dos recursos públicos!

Pola reconquista do noso sistema sanitario.

Polo obxectivo de eliminación das listas de espera.

Por un financiamento suficiente e finalista do público para o público.

Por un control e unha participación democrática auténticas desde os movementos sociais.

Por un renovado e actualizado Sistema de Saúde ao servizo das persoas.

Imos gañar, porque nos asiste a razón,

a necesidade, a xustiza e porque

¡Saúde é Loitar!

Coord. Estatal Mareas Brancas

Madrid, 30 de Outubro do 2018

MBs

e-mail: mareablancaestatal@gmail.com                  SI SE PUDO, SI SE PUEDE, SI SE PODRÁ

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: