A Coordinadora apoia e solidarízase coa folga das traballadoras/es das urxencias do Hospital de Santiago (CHUS)

folga CHUS

A continuación publicamos unha nota dos e das traballadoras explicando os motivos da convocatoria da folga. 

As/os profesionais do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela levamos a cabo no último ano diversas accións co obxectivo fundamental de conseguir por parte da Administración a posta en marcha das medidas necesarias para dar solución a diversos e importantes problemas que afectan ao correcto funcionamento do noso Servizo.
Desde o mes de febreiro mantivemos varias reunións cos Órganos de Xestión do noso Complexo (Xerencia e Direccións de Enfermería, Recursos Económicos e Recursos Humanos), nas cales lles expuxemos con minuciosidade os déficits que detectamos no Servizo, referidos fundamentalmente aos recursos materiais e de dotación de persoal nas distintas categorías profesionais, así como os que afectan á súa organización funcional.
Ante a actitude por parte dos devanditos Órganos de falta de compromiso e resolución dunha forma decida e despois da adopción de mínimas medidas correctoras e de promesas incumpridas pola súa banda , nos seguintes meses emprendemos unha serie de iniciativas encamiñadas a denunciar publicamente a precaria situación das nosas Urxencias, tentando recadar o apoio de cidadáns e institucións, coa intención de conseguir entre todos o impulso que levara aos nosos/as xestores para valorar con seriedade os problemas expostos, e a implementar as medidas necesarias para corrixir as deficiencias detectadas , xa que mentres estas persistan aos profesionais resúltanos imposible ofrecer unha calidade asistencial digna para pacientes e usuarios/as
Desta forma, acudimos a Asociacións de veciños, de defensa do paciente, Concellos da nosa Área de Xestión Integrada, Defensora do Pobo e mesmo aos grupos parlamentarios da nosa Comunidade (PSOE, Marea, BNG e Partido Popular) dos cales xurdiron varias preguntas e interpelacións no Parlamento Galego dirixidas ao Coselleiro de Sanidade. Pero este tampouco mostrou interese algún pola problemática das nosas Urxencias, tratando de negar a evidencia da precaria situación pola que se lle interpelaba.

Pasados xa 10 meses desde o inicio das conversacións coa Xerencia e Dirección de enfermería, ante a falta de implicación pola súa banda con adopción de medidas claramente insuficientes; despois de todo o tempo e esforzo investido por parte do persoal nas accións encamiñadas a recadar apoios; e ante a actual caótica situación do Servizo xerada pola recente implantación dun novo Plan Funcional, viciado desde un principio a falta de dotación dos recursos necesarios acordados na súa planificación para ofrecer unhas mínimas garantías de éxito, os/as profesionais atopámonos nunha situación de frustración e impotencia vendo como a nosa preocupación e interese por conseguir un óptimo funcionamento das Urxencias non se ve correspondido pola parte da Xerencia que permanece impasibles ante a deterioración do Servizo.
Por tanto , despois de considerar esgotadas as posibilidades ao noso alcance, e ante a necesidade de non deixar avanzar esta situación de precariedade e deterioro do Servizo, na que a presión laboral á que estamos sometidos os/as traballadores/as faise inaguantable, e a calidade asistencial que podemos ofrecer aos usuarios/as dista moito da que uns e outros/as desexamos, vémonos no deber de recorrer as medidas máis contundentes, que non son de noso agrado pero ás que non lle vemos alternativa.
Por conseguinte, os /as profesionais do Servizo de Urxencias do CHUS, anunciamos a convocatoria dunha folga que se prolongará de maneira indefinida ata que desde a Xerencia do Complexo afróntese, dunha vez por todas, a problemática que os traballadores lles levamos meses transmitindo, e aténdanse as reivindicacións que lles formulamos na convocatoria de folga.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: