28 de setembro, Día internacional pola despenalización do aborto

MMM
A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública (CAS), apoia ás movilizacións convocadas polo feminismo galego este vindeiro 28 de setembro polo aborto libre e gratuito na seguridade social, con panos verdes por bandeira en solidariedade coas mulleres arxentinas.

O aborto é un problema de saúde pública, cada ano morren milleiros de mulleres a causa dos abortos inseguros e outras moitas resultan feridas de maneira grave e permanente, requirindo atención médica de por vida. Unha parte das mortes mundiais atribuíbles ao aborto inseguro son causadas polo acceso limitado a métodos anticonceptivos e a falta de información sobre servizos de saúde reproductiva. Isto ten que evitarse mediante a educación afectivo-sexual, a planificación familiar e servizos para un aborto seguro sen risco na Seguridade Social, e o Estado ten que garantir esas condicións de seguridade.

Nesta Coordinadora consideramos que a prevención e a promoción na saúde é fundamental para toda a poboación. A falta dunha educación afectiva sexual no curriculum escolar, limitándose a clases simbólicas dunha sesión en moitos centros escolares, que en moitos casos decide a dirección do centro, e que nalgúns nin se dan, supón claramente unha traba para milleiros de mozas e mozos que se atopan nunha idade de encontros coa súa sexualidade. Iso trae consecuencias tan graves como embarazos non desexados, enfermedades de transmisión sexual e homofobias cara a non entender a diversidade sexual.

A Xunta do PP se cargou o carácter de abordar a sexualidade dun xeito integral dos centros Quérote, así como a desaparición da maioría dos Centros de Orientación Familiar, centros que cumpren un papel fundamental para que as mozas e mozos poidan decidir libremente as súas relacións persoais e afectivas, e que as súas relacións sexuais sexan saudables e, sobre todo, a información é fundamental, para romper crenzas erróneas e estereotipos, nestes tempos onde o acoso nos colexios aumentou de maneira exponencial e as agresións ás mulleres seguen estando ao orden do día e en aumento.

Tamén foron pechando Os Centros de Atención á muller, e agora na maioría dos casos son meros centros de asesoramento administrativo, máis que para traballar todos os aspectos dende unha manera transversal.

Todo iso é unha cadea, por iso é importante entender o que se berra nas rúas: Educación Sexual para decidir, Anticonceptivos para non abortar e Aborto Legal para non morrer.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: