Modepen, organización galega de pensionistas, convoca unha concentración en A Coruña este luns, 17 de setembro de 2018, ás 19.30 no Obelisco en defensa dunhas pensións dignas.
Esta Coordinadora apoia esta concentración. Alguén pode pensar que ten que ver a defensa da sanidade pública 100% coas pensións, e nós cremos e defendemos que moito.
As persoas pensionistas son as que máis sofren as longas esperas, a falta de médicos e persoal, as que sofren máis a privatización do servizo de cita previa (falar cunha máquina) privatizado polo goberno de Feijoo, e o repago das mediciñas, xa que moitas deixan os seus tratamentos porque a súa pensión é demasiado baixa para cubrir todas as facturas que ten que pagar.
A saúde é un concepto transversal. Todo é saúde: unhas pensións dignas son saúde, unha vivenda digna é saúde, un traballo digno é saúde, o coidado do medio ambiente é saúde, unha cidade habitable é saúde…
Non se pode desligar a loita por unhas pensións dignas e por unha sanidade 100% pública.
Responder