Apoio á manifestación na área sanitaria de Vigo

manifestacion_vigo

Desde a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública apoiamos a manifestación convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo para o vindeiro 12 de abril na defensa dos servizos públicos 100%, contra as listas de espera, contra a masificación en atención primaria e os colaspsos en urxencias.

Fai case tres anos da manifestación que xuntou a máis de 250.000 persoas contra os atropelos que están a sufrir a veciñanza da área de Vigo coa apertura do Álvaro Cunqueiro. A raíz dela dimitiu a conselleira Rocío Mosquera (en premio, agora está ao frente dunha empresa da Xunta), mais as promesas do aumento de camas, espacio e especialidades non se cumpriron, todo o contrario: a situación é aínda peor.

En Vigo os dous hospitais están en mans privadas (Povisa e Cunqueiro), é o espello onde teñen que se mirar os demais. De feito, xa deron un paso, grazas á nova lei de sanidade aprobada, onde varias áreas deixan de existir, para abrirse ás empresas privadas. Pola súa banda, as traballadoras do hospital de Santiago levan meses mobilizándose contra a súa situación en urxencias, alén das mobilizacións constantes da sociedade galega en defensa dunha sanidade 100 % pública, pois toda esta situación anuncia o final: a Destrución da Sanidade Pública.

Esta Coordinadora, que desde o ano pasado vén denunciando esta lei, que culminou cunha manifestación en Santiago xunto con outras organizacións sindicais e sociais contra a Destrución da Sanidade Pública; despois, e aínda que sabíamos xa era tarde, apoiou a convocatoria de SOS Sanidade do 4 de febreiro nunha gran manifestación contra o peche de áreas sanitarias; e agora volta á mobilización en Vigo.

Esta Coordinadora considera que a loita por unha sanidade 100% pública, de calidade ten que partir da unidade de todos os sectores afectados, traballadores/as e usuarios/as, e a unidade do conxunto do Sergas; enfrente temos un goberno que si actúa coordinadamente, que cando pecha áreas faino cun plan de CONXUNTO. Por iso, manter as mobilizacións illadas unhas doutras, por áreas ou cidades, non favorece o obxectivo de derrotar os plans da Xunta: o que pasa en Vigo é parte do plan do que pasa no resto de Galiza e do estado.

Mais tamén sabemos que só derrogando as leis que avalan a privatización será posible prantexarse o revertir ao público o que xa foi privatizado, desde o Povisa até os servizos de mantemento ou ambulancias. Por iso, a unidade baséase nos obxectivos de derrogar a lei 15/97o decreto do 2012, o artigo 135 da Constitución e a lei de Sanidade da Xunta aprobada este ano. Sen a derrogación destas leis, a Destrución da Sanidade seguirá sendo posible, goberne quen goberne.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: