7 de abril, Día Mundial da Saúde

photo_2018-04-07_09-39-07

Sumámonos ao Día Mundial da Saúde, que no seu lema deste ano apunta correctamente que “Saúde é todo”, con intención de lembrar non só ao sistema sanitario, senón a unha multitude de factores que os rodean, que se coñecen como determinantes da saúde e que está demostrado que teñen incidencia directa na saúde das persoas, como educación, emprego, soldo, xénero, vivenda, calidade do aire e da auga, etc. En recoñecemento disto e en apoio a todas as mobilizacións que terán lugar en máis de 40 países, a Coordinadora Antiprivatización de Sanidade de A Coruña súmase ao manifesto da Marea Branca estatal, pero antes queremos lembrar tamén as últimas cousas que aconteceron en Galicia dende primeiros de ano:

-Aprobáronse as novas instrucións para a aplicación dos tempos de espera, que din así: “Si el paciente no manifiesta su decision en el plazo de siete días o rechaza el centro alternativo ofertado, perderá la garantía prevista para este proceso. En cuyo caso se cerrará el expediente garantizado en el centro prescriptor con el motivo ´rechace oferta de resolución en otro centro`. La condición del expediente garantizado será la de expediente cerrado y pérdida de la garantía”.

– A finais de marzo, o Sergas sacou a concurso a prestación de asistencia médica, cirurxías, diagnósticos e procedemeentos clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) por valor de más de 97 millóns de euros. Esta nova licitación, aparte de ampliar contratos preexistentes co sector privado, pode obrigar aos médicos da pública a prestar certos servizos na privada (consultas, probas ou cirurxías).

Reproducimos a continuación unha versión traducida do comunicado íntegro emitido polas Mareas Brancas estatais co gallo do día de hoxe:

MANIFESTO UNITARIO DAS MAREAS BRANCAS DO ESTADO CON MOTIVO DA 3.ª XORNADA INTERNACIONAL CONTRA A PRIVATIZACIÓN SANITARIA E DE SERVIZOS SOCIAIS

HOXE, DÍA 7 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, MANIFESTAMOS  QUE 

  • A situación global, un ano máis, e van moitos dende que no ano 1950 a OMS sinalou o 7 de abril como o Día da Saúde, A REALIDADE SEGUE A SER ALARMENTE E NOTORIAMENTE INSUFICIENTE. A desigualdade é flagrante a escala planetaria, pero alcanzando reivindicacións moi activas a nivel nacional, europeo, ou local.

Segue a chover sobre mollado.  As penalidades mantéñense, cando non se acentúan. A dinámica de mercantilización da saúde é un feito incuestionable. Mais tamén se organizan as resistencias sociais, apúntase cara unha perspectiva de reversión e reapropiación do público.

  • Aquelas causas que determinan a saúde, tanto sociais como sanitarias, seguen en precario e con graos diversos de parasitación, pero moi extensos.

No planeta, dende a pobreza extrema, más de 100 millóns de persoas están subsistindo con menos de 2 dólares estadounidenses ao día, e a metade da poboación mundial vive sen servizos de saúde e con desnutrición ou con epidemias previbles e tratables, normalizando así unha fenda inaturable entre o primeiro mundo e a periferia da miseria.

En todas as nosas sociedades vivimos con paro, precariedade laboral, pobreza extrema, falta de vivenda, ausencia dunhas pensións dignas, desnutrición ou malnutrición, contaminación do medio, sen educación universal, falta de atencións sociais e de recursos básicos como auga e enerxía, patriarcado ou xenofobia, etc., que seguen determinando teimudos a situación da saúde ou a súa ausencia na comunidade.

Nese contexto, a exclusión de atencións sanitarias é unha terrible patoloxía social que xustifica que esta terceira edición de xornada internacional contra todo iso, mentres se reivindica dende a OMS o obxectivo de «a saúde para todos», nós aportamos ademais que “saúde é todo”.  Todo o anterior, e todo o sistema público. Esta terceira xornada de denuncia realízase hoxe en 40 países.

– O momento é álxido na confrontación de intereses de mercado fronte ao dereito á saúde, da mercantilización fronte á defensa do dun sistema sanitario 100 % público.

A posta ao día do neoliberalismo cambia formas sen renunciar a nada y é notorio como as estratexias de colaboración público-privada dan paso agora ou consolidan máis as formulacións do público-social, en liña coa consabida externalización de recursos e a privatización dos servizos.  Nin os eufemismos nin as permanentes campañas publicitarias de xustificación e promoción do negocio da saúde poden ocultar a raíz, a etioloxía, do conflicto: Ou negocio, ou saúde.

Concirne este chamamento a gobernos, políticas, administracións, traballadores da saúde, sociedade civil organizada e medios de comunicación. Todos son destinatarios da chamada da OMS, se ben a propia Organización Mundial da Saúde escribe textualmente na súa web: A experiencia demostrounos, unha e outra vez, que a cobertura sanitaria universal acádase cando existe unha firme determinación política. Con isto ademais parece emitir xa un diagnóstico claro do que dende todas as Mareas Brancas se vén denunciando e contra o que se vén traballando como Mareas Brancas. No noso compromiso está a nosa determinación persoal e sobre todo colectiva, a xustiza e a razón do noso obxectivo pola saúde a sanidade públicas, que confirman a nosa entrega á loita e á necesaria suma de loitas. 

 Como vimos facendo ata hoxe, imos traballar os outros 364 días do ano, ano tras ano, polo logro dunha aspiración irrenunciable á saúde e á dignidade coa imprescindible sanidade pública, partindo tamén da súa tarefa de garantir a prevención.

 LOITAR É SAÚDE PORQUE SAÚDE É LOITAR

GOBERNE QUEN GOBERNE, OS DEREITOS SE DEFENDEN

COORD. ESTATAL MAREAS  BLANCAS

7 de abril 2018

Anuncios

Un comentario sobre “7 de abril, Día Mundial da Saúde

Agrega el tuyo

  1. Reblogueó esto en PAHVIGOTUIy comentado:
    Concirne este chamamento a gobernos, políticas, administracións, traballadores da saúde, sociedade civil organizada e medios de comunicación. Todos son destinatarios da chamada da OMS, se ben a propia Organización Mundial da Saúde escribe textualmente na súa web: A experiencia demostrounos, unha e outra vez, que a cobertura sanitaria universal acádase cando existe unha firme determinación política. Con isto ademais parece emitir xa un diagnóstico claro do que dende todas as Mareas Brancas se vén denunciando e contra o que se vén traballando como Mareas Brancas. No noso compromiso está a nosa determinación persoal e sobre todo colectiva, a xustiza e a razón do noso obxectivo pola saúde a sanidade públicas, que confirman a nosa entrega á loita e á necesaria suma de loitas.

    Como vimos facendo ata hoxe, imos traballar os outros 364 días do ano, ano tras ano, polo logro dunha aspiración irrenunciable á saúde e á dignidade coa imprescindible sanidade pública, partindo tamén da súa tarefa de garantir a prevención.

    LOITAR É SAÚDE PORQUE SAÚDE É LOITAR

    GOBERNE QUEN GOBERNE, OS DEREITOS SE DEFENDEN

    COORD. ESTATAL MAREAS BLANCAS

    Le gusta a 1 persona

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: