33.ª MAREA BRANCA (¡SÁBADO DÍA 17!)

ATENCIÓN: a 33.ª Marea Branca, prevista para o domingo 18 de marzo, súmase nesta ocasión á convocatoria de concentración organizada por MODEPEN, o Movemento pola Defensa das Pensións, que terá lugar o sábado día 17 ás 12.00 no Obelisco, e está convocada en todo o Estado. Por tanto, este mes excepcionalmente, chamámosvos a acudir connosco a apoiar a mobilización de MODEPEN o sábado día 17.

A3MareaBlancaCoruñaPontevedraFinal

A continuación deixámosvos co noso comunicado, que nesta ocasión será só dixital:

Porque todas imos ser pensionistas, a Coordinadora Antiprivatización de A Coruña súmase nesta ocasión á mobilización de MODEPEN para a defensa das pensións públicas que, ao igual que todos os dereitos sociais actualmente, vense sometidas a recortes inaceptables que non fan máis que minar o benestar de toda a poboación.

Dende a Coordinadora consideramos que as reivindicacións sanitarias están intrinsecamente ligadas ás reivindicacións do colectivo pensionista. MODEPEN deixa clara a súa postura e resume tamén cuestións que nós vimos denunciando no seu manifesto cando din “Trátase primeiro de descapitalizar para despois privatizar. Nesa condición resúmese a estratexia da patronal e políticos acompañantes”. Por se alguén non o coñece, deixámosvos un enlace ao manifesto de MODEPEN: http://modepen2016.wixsite.com/modepen/manifesto

De importancia particular para o colectivo pensionista son os repagos. Se as pensións non suben o suficiente (como a ridícula subida do 0,25 % que propón o goberno, malia que o IPC subise un 1,1%) e aínda por riba se retiran medicamentos que usan sobre todo os pensionistas, a subida non é tal, dado que moitos deses cartos teñen que ir destinados a financiar eses medicamentos. Como parte da nosa reivindicación dunha sanidade pública 100 %, universal, de calidade e gratuíta no momento da prestación, rexeitamos taxativamente o repago dos medicamentos, xa que se paga a través dos nosos impostos e despois, de novo, na farmacia.

 

Por outro lado, o día anterior, venres 16, tamén nos sumamos á III Marcha do persoal precario, convocada ás 10.00 en Santiago de Compostela, para apoiar tamén as súas reivindicacións a prol en contra dos EREs encubertos, a defensa dos postos de traballo e a dignidade do emprego nos servizos públicos, non só na sanidade, mais tamén noutros sectores e chamamos tamén a toda a cidadanía a sumarse pola defensa dos servizos que pagamos cos nosos impostos.

Tamén as reivindicacións da Marcha do persoal precario son inseparables das reivindicacións da nosa Coordinadora, xa que a Marcha chama a todo o persoal das administracións públicas e a todos os usuarios e usuarias dos servizos públicos a sumarse a esta mobilización, coa que se pretende esixir tamén “a paralización do desmantelamento dos sectores públicos esenciais, que se están deteriorando programadamente para xustificar a súa entrega ás mans privadas”.

A precarización dos servizos públicos o único que consegue é profundizar a crise social na que xa se atopa inmerso este estado, reducindo por unha parte os recursos do persoal que fai posible a prestación dese servizo e por outro creando situacións insostibles e inabarcables, que nos deixan á cidadanía na estacada perante as nosas enfermidades, o noso desemprego, os nosos incendios e tantísimas outras cousas.

Convocámosvos a participar en ámbalas dúas mobilizacións pola defensa dos nosos dereitos, que se conseguiron con moito traballo e moita loita nas rúas, e que o goberno e as grandes empresas non dubidan en arrebatarnos se con iso poden levar tallada.

Pola nosa vida, polos nosos futuros!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: