3.ª Marcha do persoal precario

Actualización: buses para asistir á manifestación da 3.ª Marcha do persoal precario do día 16

Teléfonos
Vigo: 604009337 Saída 8:20 Cunqueiro e Meixoeiro
Ourense : 604009372//636990352 – Saída 8:20 do CHUO
Pontevedra: 639857238 – Saída desde o pabillón de deportes ás 9:00h
A Coruña 9:00 CHUAC 606146451//606215697

A Coordinadora apoia e súmase á 3.ª Marcha do persoal precario, que se celebrará o día 16 en Santiago de Compostela. Convidamos a toda a cidadanía a unirse a nós e ao persoal precario nas súas reivindicacións e esperamos vervos alí! A continuación reproducimos o comunicado feito polos colectivos convocantes da Marcha:

 

A Marcha do Persoal Precario das administracións públicas volve á rúa para denunciar o agravemento dos ataques ás traballadoras máis precarias, das que se pretende prescindir, logo de anos de prestación de servizos en fraude de lei, con aparentes procesos de estabilización do emprego

Os colectivos consideran que as convocatorias de acceso ao emprego público anunciadas vulneran os dereitos adquiridos polo persoal temporal, do que se abusou durante anos para cubrir necesidades estruturais e permanentes. Esíxenlle á administración solucións definitivas

Precarias Buses

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

A Marcha do Persoal Precario das administracións públicas, que integra  diferentes colectivos de traballadores e traballadoras precarias, volverá a manifestarse nas rúas de Compostela o vindeiro venres 16 de marzo en defensa dos postos de traballo e da dignidade do emprego nos servizos públicos.

A terceira mobilización desta Marcha, que reproducirá o formato das exitosas convocatorias dos dous anos anteriores, recollerá desta volta o malestar do persoal máis feble das administracións públicas galegas, interinos e temporais que, despois de anos de prestación de servizos en fraude de lei, consideran  que as convocatorias anunciadas a bombo e platiño de emprego público vulneran os seus dereitos á estabilización e á consolidación, sendo en realidade EREs encubertos cos que a administración pretende substituír a uns traballadores e traballadoras por outros ou outras máis baratas.

A Marcha chama a todo o persoal das administracións públicas e a todos os usuarios e usuarias dos servizos públicos a sumarse a esta mobilización, coa que se pretende esixir tamén a paralización do desmantelamento dos sectores públicos esenciais, que se están a deteriorar programadamente para xustificar a súa entrega ás mans privadas.

A ausencia de persoal suficiente para sacar adiante as tarefas, as excesivas cargas de traballo que por eses recortes en persoal teñen que asumir as traballadoras e traballadores que quedan, ou o incremento do absentismo laboral por enfermidades e accidentes provocados por todo o anterior son para a Marcha do Persoal Precario condicións intolerables por máis tempo de maltrato, que pretenden ademais acelerar o proceso de destrución do público a costa da saúde das súas traballadoras e traballadores, que sofren índices de temporalidade superiores ao 50 por cento.

A Marcha pídelles tamén aos representantes legais dos traballadores e traballadoras (comités de empresa e xuntas de persoal) que non colaboren co programa de exterminio do persoal precario que pretende executar a administración, esixíndolles, moi ao contrario, que enfronten estes ataques e vulneracións de dereitos laborais con todas as armas á súa disposición, a primeira delas e a máis importante, a forza da unión das traballadoras, que se visibilizará en Compostela o 16 de marzo vindeiro.

Forman parte da Marcha do Persoal precario colectivos do SERGAS, traballadoras dos centros de coidados da Consellería de Política Social, persoal das bibliotecas públicas ou dos medios públicos de comunicación CRTVG e RTVE, persoal de Ensino, traballadoras de Correos ou do Concello de Santiago de Compostela, colectivos como a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña, SOS Meixoeiro e outros, co explícito apoio dos sindicatos alternativos con presenza no Sergas e na Xunta de Galiza. O obxectivo final da Marcha é servir como espazo de encontro de moitas expresións de loita contra a precariedade no eido do emprego público, e como punto de partida para unha contestación social de maior envergadura a un goberno que desoe as demandas das súas empregadas e empregados, e que leva meses acelerando os ataques contra o persoal precario que xa leva anos sufrindo os efectos dos recortes e da privatización.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: