Textos da presentación e manifesto da 32.ª Marea Branca en A Coruña

Xa que onte atopámonos cun gran evento deportivo xusto no Obelisco, limos a presentación e o manifesto coma sempre, mais deixámolos aquí por escrito por se alguén non oíu ou entendeu todo. Engadimos tamén pequenas aclaracións en cursiva.

No futuro consultaremos o calendario de actividades do concello de A Coruña e, de ser preciso, informarémosvos do cambio de día pertinente.

Presentación

O goberno do Partido Popular levou a trámite parlamentario a reforma da Lei de Sanidade (o que cabía esperar dado que contan con maioría absoluta) malia o multitudinario rexeitamento na rúa, das mobilizacións convocadas polas diversas áreas sanitarias dende o verán, da manifestación convocada por diversas asociacións e plataformas de pacientes e profesionais o 18 de novembro e da máis recente convocada por SOS Sanidade Pública o 4 de febreiro. Eliminan así catro das áreas sanitarias existentes, precarizando os servizos fóra das cidades.

Ademais, en xaneiro publicáronse as instrucións para a implementación do Decreto de tempos máximos de espera, aprobado pola Xunta en setembro de 2017. Este decreto especifica que os tempos máximos son de 60 días para unha operación e de 45 para as consultas especialistas e probas diagnósticas. Como tamén publicou o doutor Pablo Vaamonde, que colaborou con nós e fai parte de SOS Sanidade, no xornal nuevatribuna.es hai unha semana, as instrucións recollen, e cito: “Se o/a paciente non paciente non manifesta a súa decisión no prazo indicado (7 días naturais) ou rexeita o/s centro/s alternativo/s ofertado/s, perderá a garantía prevista para este proceso. Nestes casos, pecharase o expediente garantado no centro prescriptor co motivo ‘rexeite oferta de resolución noutro centro’. A condición do expediente garantado será a de expediente pechado e perda de garantía, aínda que permanecerá en espera estrutural no centro prescritor como paciente programable”. Malia que sabemos que isto xa viña pasando, agora a Xunta oficializa este xeito de reducir as listas de espera con derivacións constantes e masivas á privada, alimentando aínda máis o sistema privado cos nosos cartos, xa que o sistema público non pode garantir estes prazos dado o abandono de anos das devanditas listas.

Isto quere dicir que se alguén di que non quere someterse a unha operación nun hospital privado, non terá dereito a que lle comuniquen unha data de operación, e terá que agardar a que o Sergas decida chamar. Poden tardar un mes, dous meses, un ano… Non se pode saber canto. Estas listas ata agora eran extraoficiais, pero agora o goberno do PP fai oficial este xeito de funcionar.

O momento dende logo non é o máis sinxelo, mais continuamos na loita. Agora mesmo cómpre afortalar a unidade de todas as persoas e movementos que a defenden e contiuar denunciando o desmantelamento da sanidade pública, porque o sistema que se está a implementar tamén se poder revertir (e mesmo mellorar o antigo)!

28058791_1591816317538456_2072998736664329997_n

Manifesto

Como comentei na presentación, o que máis nos interesa nestes momentos é afortalar a colaboración con diversos movementos en defensa da sanidade pública, non só en Galicia, mais en todo o estado e mesmo colaborando a nivel europeo, xa que se achega o 7 de abril, o día internacional da saúde, con lema “Saúde é todo”.

En primeiro lugar, este martes reunirémonos de novo cos colectivos integrantes da plataforma do 18N, de toda a xeografía galega e que representan tanto a profesionais como persoas usuarias da sanidade pública, para falarmos das accións que se levarán a cabo a partir de agora, tras a aprobación da Lei de Sanidade no Parlamento galego. Ademais, empezaremos a mover de novo o noso documento de 38 puntos nos concellos da contorna, para que os concellos se posicionen, se debata e se aprobe en todos os concellos posibles.

A nivel estatal, o día 3 de febreiro tivo lugar a VIª COORDINADORA ESTATAL DE MAREAS BLANCAS, na que non puidemos participar nesta ocasión, mais esperamos seguir asistindo a futuras reunións. Nesta última asemblea realizouse unha análise colectiva do documento de 38 puntos, para o que nos contestaron PSOE, C’s, Unidos Podemos, Compromís, ERC e IU, todos eles con diversos graos de acordo dependendo dos puntos, mais non se obtivo resposta de PP e PNV. Nesta mesma asemblea propúxose Madrid para facer actividades centralizadas en Madrid para celebrar o día 7 de abril e visibilizar e reivindicar a sanidade pública, sobre todo de cara ás eleccións europeas de 2019, para que a saúde sexa un tema principal e transversal en todas as políticas europeas.

Por todo isto, e por todas as cousas que denunciamos mes a mes aquí e día a día nas redes, chamamos a fortalecer a Coordinadora, cara enfrentar as tarefas q temos por diante.

Porque A SANIDADE NON SE VENDE, A SANIDADE SE DEFENDE!

 

Anuncios

2 comentarios sobre “Textos da presentación e manifesto da 32.ª Marea Branca en A Coruña

Agrega el tuyo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: