Resposta da Valedora do Pobo á queixa presentada polo servizo de cita telefónica

Recibimos contestación da Valedora do Pobo á queixa que presentamos polo mal funcionamento do servizo de cita telefónica, que custa case dous millóns de euros anuais pero causa moitísimos problemas a persoas maiores ou discapacitadas, que rematan por ter que se desprazar ao centro de saúde só para obter unha cita. A continuación reproducimos o escrito da Valedora do Pobo:

[…] no seu día foi recibido o seu escrito de queixa, que quedou rexistrado nesta institución co número arriba indicado. Foi admitida ao entender que reunía os requisitos establecidos no artigo 18 da Lei 6/1984 do Valedor do Pobo, e iniciamos as actuacións oportunas ante a Consellería de Sanidade, contra a que se dirixía a queixa, referente aos problemas que se detectan no funcionamento do sistema automático de cita previa telefónica do Sergas.

Tras recibir o informe da Consellería, e do que lle dimos traslado no seu día, considerouse necesario, en aplicación do disposto no artigo 32.1 da Lei do Valedor do Pobo, facerlle chegar a esa administración a seguinte recomendación:

“Que se estudie a posibilidade de introducir novas opcións no sistema de servizo de cita previa que teñan en conta as dificultades coas que se atopan as persoas maiores ou que sofren limitacións funcionais, de xeito que non vexan diminuído o acceso a tal procedemento por consistir éste basicamente nunha ferramenta de locución automática, evitando así desprazamentos aos centros de saúde.”

“Que se establezan canles de comunicación axeitados entre os responsables da xestión dos sistema automático de Cita Previa e os profesionais do Sergas que coordinan as citas, co fin de por en común e valorar solucións ante as incidencias que se detectan no funcionamento do sistema.”

Con data do 20 de decembro recibimos un escrito da Consellería de Sanidade aceptando a recomendación formulada e asumindo o seu contido. No oficio menciónase que foron implantándose progresivas melloras para a solicitude de cita previa na medida que as innovacións técnicas o permitían, acadándose na actualidade a comunicación automatizada de acceso continuado todos os días do ano vía telefónica e por medio da rede Internet. A consellería considera así que os medios dispoñibles alcanzan a unha grande maioría da cidadanía de Galicia.

Sen embargo, a Consellería tamén é consciente da problemática que da orixe a este expediente de queixa, e afirma expresamente que estima razoable, dada a existencia de persoas que non dispoñen dun acceso doado á cita previa, estudar outras opcións para tratar de evitar os problemas existentes na actualidade.

Con esta información procedemos á conclusión do expediente aberto como consecuencia do seu escrito de queixa, agardando que nun tempo prudencial se adopten as medidas oportunas para dar efectividade á recomendación aceptada.

Agradecémoslle a súa colaboración no ánimo de entender que, á súa instancia, deuse un paso máis na mellora do funcionamento da administración pública.

Na nosa opinión, a Consellería, malia admitir o contido da reclamación, non considera eliminar este (caro) servizo como unha opción, e só estuda a posibilidade de introducir novas opcións, sen deixar entrever cales poden ser, e sen considerar eliminar un servizo que funciona mal e que xera un elevado número de queixas entre a poboación usuaria, e xustificándose en que chega á meirande parte da poboación pero obviando todos aqueles casos nos que non só resulta totalmente inútil, senón que ocasiona un prexuízo.

Ademais, se o servizo se prestase internamente, non existiría a necesidade de mellora de coordinación entre o servizo externo e o persoal do SERGAS. A Consellería tamén engade que “foron implantándose progresivas melloras […] na medida en que as innovacións técnicas o permitían”, se ben este caso non se trata exclusivamente dun problema técnico, senón de falta de vontade de manter ou crear postos de traballo suficientes para dar unha atención eficaz ao usuario, fomentando así a sensación de que “ a sanidade pública non funciona”.

Respecto ao estudo das medidas oportunas que menciona o escrito, agárdamolas con impaciencia, e reclamaremos e esixiremos que se volva dar un servizo adecuado se non se producen cambios ou non se subsanan estas deficiencias. Estaremos alerta, mais non acreditamos para nada nas palabras dunha consellería e unha Xunta que levan dez anos desmontando a Sanidade Pública.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: