COMUNICADO DA COORDINADORA ANTE A NOTA EMITIDA POR “SOS SANIDADE PÚBLICA”

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia emitíu un comunicado sobre a manifestación do 18 de Novembro en Compostela en defensa da sanidade pública, onde din varias falsidades que non son de recibo nunha organización que, presuntamente, din defender a sanidade pública. Queremos aclarar algún dos puntos dese comunicado:

En primeiro lugar lamentamos ter que haber dedicado tan sequera un minuto a contestar ao comunicado de SOS Sanidade Pública, pero as acusacións son graves e non podíamos quedar caladas, e por suposto, decidimos facelo despois da manifestación. Nunca permitiremos que ninguén nos marque as axendas, que os intentos de boicot se salgan coa súa nin que ninguén nos desvíe dos nosos obxectivos.

Efectivamente, SOS Sanidade Pública non convocou ningunha manifestación en Compostela o día 18N. Foi a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de A Coruña, que fai parte da Marea Branca, xunto con outros 20 colectivos. De feito, SOS Sanidade Pública hai moito tempo que non convoca unha manifestación para defender a sanidade pública, pese a padecer neste momento unha situación moi crítica.

Somos unha organización apartidaria, integrada por colectivos de toda índole e diversos ámbitos ideolóxicos, co único fin de denunciar o que esta a acontecer na sanidade pública, e loitar para conseguir unha sanidade de calidade, universal, sen repagos e 100% publica.

Denunciamos e denunciaremos a calquera partido, asociación ou goberno por calquera medida que tome ou defenda en contra dunha sanidade 100% publica, que é a única que pode garantir unha sanidade universal e de calidade.

Lamentamos profundamente, e nos produce moita tristeza, o comunicado dunha organización, que previa a facerse pública a convocatoria da manifestación, foi invitada a participar nela, a través dos seus membros, incluído o seu portavoz, e da que non tivemos resposta algunha. Un comunicado, que emitido dous días antes da celebración da manifestación, ten un claro obxectivo de boicotear o acto.

Non utilizamos nas redes nin na rúa para esta manifestación, ningún logo ou documento que teña que ver con SOS, nin queremos crear confusión algunha. É mais, no cartel da manifestación só aparecen os nomes das organizacións convocantes, pero non aparece o logo de ningunha. Tomouse esta decisión para amosar que a mobilización era de todas e todos, de toda a cidadanía. Dende un principio se invitou a todos os grupos políticos, sociais, sindicais, veciñais e de outra índole a participar na organización da mesma. Contestaron só os que vedes no cartel. O único que queremos é saír á rúa para protestar polo desmantelamento que esta a sufrir a sanidade pública e a súa privatización.

Tampouco usamos documentos de ningún tipo que sexan de SOS Sanidade Pública. É unha acusación grave que fan sen probas. Típico comportamento de asociacións que actúan de mala fe. A única información é a que consta nos carteis oficiais. Por outra banda, os datos publicados sobre os últimos informes da OCDE, a oficina Eurostat da Unión Europea, as listas de agarda oficiais do SERGAS ou os informes do Consello de Contas son públicos e, como non podería ser doutro xeito, calquera pode facer os estudos que queira e publicalos, faltaría mais.

A convocatoria non pretende fracturar nada, a única intención é a de manifestarse contra o desmantelamento e a privatización da sanidade pública. Se houbera outra manifestación por este motivo, tamén estariamos alí. O noso traballo vai camiño de conseguir unha unidade á que algúns se negan, por mais que o intentamos.

Este esforzo pola unidade, xunto con outros grupos, provocou no estado español a creación da Coordinadora de Mareas Brancas do Estado, que xunto con organizacións doutros estados da unión europea está a dar os seus froitos de visibilización da destrución da sanidade pública en toda Europa.

Este é o camiño que temos que seguir si realmente estamos na defensa dunha sanidade 100% publica, o resto son folgos de artificio, enganos ou movementos para defender intereses particulares ou partidistas.

Non temos por que cuestionar as manifestacións que houbera ata este momento, pero consideramos oportunista para SOS Sanidade Pública atribuírse a organización da manifestación contra a privatización do Álvaro Cunqueiro en Vigo, foi unha manifestación moito máis transversal onde interviñeron moitas máis organizacións. Non é certo que fora algo organizado por SOS Sanidade Pública en exclusiva. O éxito desa manifestación é de todos os colectivos e organizacións que estiveron alí.

O que esta a suceder en Galicia e no resto do estado é moi grave, e a resposta que hai que dar a esta situación é algo mais que facer declaracións á prensa. Só na rúa esta a solución. E as organizacións que conforman SOS, ao noso entender, poderían ter feito moito mais do que se esta a facer nestes momentos.

Nós nos sumaremos, difundiremos e axudaremos a promover calquera manifestación en defensa da sanidade, e así o estamos a facer. De novo, non podemos dicir o mesmo de SOS e doutras organizacións. Da a sensación de que, ou estas comigo ou estas contra mi. O sectarismo non forma parte do ideario da nosa organización. Todas e todos aqueles que loiten e defendan a sanidade pública serán sempre ben recibidos.

Por outra banda vemos movementos organizativos a nivel estatal no que o portavoz de SOS e a súa organización, entre outras, constitúen a Fundación REDER, financiada por George Soros (Open Foundation Society), magnate con intereses moi concretos na industria farmacéutica, e que ten como un dos seus obxectivos o de derrubar gobernos de esquerdas. Non entendemos este tipo de alianzas, aínda que respectamos, como non podía ser doutro xeito, que cada quen se financie con quen considere oportuno.

SOS Sanidade Pública acusa de que los convocantes desta manifestación defenden intereses particulares ¿Cree o ladrón que todos son da súa condición? Somos unha organización apartadaria e non perseguimos nada mais, e nada menos, que toda a cidadanía teña acceso ao seu dereito dunha sanidade 100% publica, de calidade, universal e sen repagos. Dereito, por outra parte, recoñecido na carta de dereitos humanos da ONU. Non perseguimos nin escanos, nin subvencións publicas nin acceder aos concellos. Outros ao mellor non poden dicir o mesmo.

Lembremos que en SOS Sanidade Pública hai partidos políticos que abriron a porta á privatización da Sanidade Pública coa lei 15/1997, o artigo 90 da Lei xeral de Sanidade e que xunto co goberno do PP, aprobaron o artigo 135 da Constitución, que ten como obxectivo satisfacer a débeda por riba das necesidades da cidadanía.

E estamos a falar de mortes, moitas mortes polas longas listas de agarda, pola falta de plans de prevención do suicidio, polo maltrato asistencial en pasillos de hospitais cando hai camas baleiras, etc. Por todo isto, moitos terían xa, cando menos, que pedir perdón. Iso sí é defender intereses particulares.

A manifestación do 18N non é nin mais nin menos que un acto NECESARIO de protesta ante a pasividade por parte de Sos Sanidade Pública nos últimos tempos, cando non foron quen de organizar unha grande manifestación galega contra a privatización da sanidade.

Nós o seguiremos a facer as veces que fagan falta porque a nosa sanidade está en perigo. Seguiremos a estar os terceiros domingos de cada mes na rúa para denunciar as situacións de maltrato asistencial que se están a dar, e denunciar a pésima xestión do actual goberno que ten como obxectivo o desmantelamento da sanidade pública.

Pese a isto, tamén seguiremos a intentar traballar pola unidade de todas e todos. Aproveitamos unha vez máis a que se abandonen os personalismos, bandeiras ou marcas para loitar todas e todos xuntos, profesionais, usuarias e organizacións diversas para facerlle fronte a esta ola privatizadora en toda Europa. Esta semana a Comisión Europea encargou un informe a unha consultora para estudar a posibilidade de privatizar a sanidade e o resto dos servicios públicos en todos os estados da Unión Europea.

A orixe dos problemas da sanidade non está nin en Compostela nin en Madrid. Bruxelas é o obxectivo das multinacionais e é de alí de onde veñen as directrices que os actuais gobernantes do estado español están a seguir ao pe da letra. Por iso é imprescindible a unión de todos os pobos de Europa. Dende a Marea Branca Estatal, e como membros que somos desa organización, estamos a traballar nese obxectivo, contactando e colaborando con diferentes organizacións defensoras dunha sanidade 100% pública noutros países da Unión Europea.
E seguiremos a traballar nesa liña o tempo que faga falta. Xuntas e xuntos o conseguiremos.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: