O artigo 135 da Constitución e a privatización da sanidade e demais servizos públicos

Dende que o PSOE e o PP pactaron a reforma da constitución, alo polo 2011, no seu artigo 135, correu moita tinta sobre as consecuencias que dita reforma tería sobre os servizos públicos. Mais alo de desenvolvimentos a través de leis orgánicas e termos aparentemente racionais, como “estabilidade presupuestaria”, o artigo 135 da Constitución é taxativo no cumprimento dos prazos da débeda.

Din literalmente: “Los créditos para satisfacer los intereses y el capital de la deuda pública de las Administraciones se entenderán siempre incluidos en el estado de gastos de sus presupuestos y su pago gozará de prioridad absoluta. Estos créditos no podrán ser objeto de enmienda o modificación, mientras se ajusten a las condiciones de la Ley de emisión.”

Traducido, o pagamento para satisfacer aos bancos privados é de “prioridade absoluta”; alem mais todos os demáis gastos do estado (sanidade, educación, dependencia, etc. etc.) podesser modificado, negociado e emendado nos orzamentos de cada ano, os creditos “non”. Está claro, non?

Mais o calado da reforma feita polo PPSOE ten que ver co xeito de financiar os gastos do Estado, e o que din o Tratado de Maastricht e a propria Unión Europea. Foi a partir dos anos 70/80, e despois das reformas en Francia, nos que o Estado deixaba de seren financiado directamente polo Banco Central, dandolle á maquina de facer diñeiro, para pasar a depender dos “mercados financeiros”. Estas reformas en Francia trasladaronse ó texto doTratado.

Por elo é umha verdade a medias (umha verdade a medias é umha mentira) que os impostos financian os servizos. Os gastos do estado financianse directamente a través de debeda pública que o Tratado de Maastricht impón que se faga indo os mercados financeiros. Doutra maneira, se un estado quere aumentar o seu orzamento, no eido que sexa, ten que emitir debeda, ir aos bancos, fondos buitres e demais “mercados financeiros”, e pagar os interese que o mercado impoña.

Os bancos privados e demais entidades financeiras, para ter diñeiro, van ao BCE que lles presta ao tipo oficial, hoxe ao redor do 0%. O negocio é redondo, e “constitucional”, pois eles prestan os estados o diñeiro que estes precisan para os seus gastos, e os estados, a través dos impostos, pagan aos bancos co diñeiro de todos e todas.

Aquí colle toda a sua importancia a “estabilidade presupuestaria” e a “prima de risco”, que é o indice que lles permite coñecer a solvencia dun pais. Grecia chegou a pagar un 18% de interés polos prestamos da banca internacional. Por iso, non é exacto dicir que os impostos pagan os servizos; o exacto sería dicer que os impostos pagan a debeda aos bancos, para que estes presten diñeiro aós estados. E para garantir este pagamento, está o artigo 135.

Mais, isto ten outra perspectiva que lígase directamente ás privatizacións. Os proprietarios dos grandes hospitais privados estan ligados aos bancos e demais “institucions” financeiras (fondos buitres); de tal xeito que ó obrigar a un estado á “estabilidade presupuestaria” e ó pagamento da débeda como “prioritario”, supón que éste ten que deixar de cubrir esos servizos sanitarios… E qué acontece cando o estado abandona un servizo público?,… que éste cae nas mans do sector privado, ou esmorece se non é rendible. Mais a sanidade é moi rendible.

A lóxica do 135 é infernal para os direitos dos pobos, pois os bancos roubannos directamente a través da obriga do pago da débeda, e indirectamente, porque o desmantelamento da sanidade privada beneficalles a través das sua ligazón á sanidade privada.

Por elo, calquera partido que non cuestione esta loxica infernal do 135 é inimigo público dos servizos públicos, e minte cando diga defendelos. Non se pode defender o pagamento da debeda aos bancos e os servizos publicos ó mesmo tempo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: