COMUNICADO DA COORDINADORA ANTE A FOLGA CONVOCADA POLOS SINDICATOS MAIORITARIOS PARA OS DÍAS 2 E 3 DE NOVEMBRO

Para o 2 e o 3 de Novembro os sindicatos maioritarios teñen convocada Folga no Sergas “pola recuperación dos direitos” roubados nestos anos de recortes e austeridade, centrándose nos que son xa fixos.

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade da Coruña apoia a convocatoria, e chama á participación na Folga aos traballadores e traballadoras da Sanidade Publica. Sen lugar a dúbidas a recuperación dos direitos laborais das e dos traballadores da saúde fai parte da loita contra a su privatización. E isto ten que incluir os direitos dos traballadores/as eventuais da sanidade, dos que as cupulas sindicais tenden a esquecer.

De feito, non estaríamos falando da destrucción da sanidade publica, se non tiveran destruido miles de postos de traballo, facendo contratos por dias e horas. Non é de recibo deixar fora da loita pola sanidade a miles e miles de traballadores/as da saúde. Porque non nos trabuquemos, os recortes para os traballadores/as, fixos e eventuais, son umha das patas principais para destruir a Sanidade Publica, e afortalar os negocios da patronal privada, onde de sempre manteñen piores condicions de traballo. Desde que comezou a crise, e foi aprovado do artigo 135 da Constitución para o pago da debeda por riba dos gastos sociais, a destrución da sanidade publica deu un salto de calidade; de seren, como dicia a lei 15/97, umha “xestión” complementaria, pasou a ser o obxectivo central; gañar para a empresa privada un “nicho de mercado” que é a saúde da poboación.

Roubaronse direitos aos traballadores/as como parte dun plan preciso do seu desmantelamento, onde os grandes perxudicados foron os usuarios e usuarias, aos que se lles somete a umha “chantaxe emocional”, obrigando a escoller entre ser curado na privada ou esperar anos para curarse na pública. Neste camiño de destrucción conscente e calculada de todo o publico (sanidade, dependencia, educación, transporte…) Montoro anuncia para este ano gastos sociais minimos, que na sanidade son dun 5.8% do orzamento estatal.

A defensa dumha Sanidade 100% Publica e de Calidade non só é responsabilidade dos traballadores e traballadoras da saúde, fixos e eventuais, mas tamen do conxunto da poboación… ; a todos e todas, vainos neso LITERALMENTE a vida. Por iso non podemos mais que criticar o corporativismo das convocatorias que non teñen en conta que o problema non é exclusivamente laboral ou sindical, é um problema politico. O desmantelamento da sanidade publica é un acordo da Unión Europea, que o Goberno Central e a Xunta aplican dilixentemente.

Separar aos traballadores/as dos usuarios/as, como se estes non estiveran interesados na defensa do carácter publico da sanidade é facerlle un fraco favor á loita contra o seu desmantelamento. Se os usuarios/as aceptan a esixencias da Xunta, ou non reclaman, fanno porque son sometidos a umha chantaxe emocional: dado o desastre o que teñen levado a Sanidade Publica, se queres curarte tés que admitir as súas condicións de derivarte á privada.

Como ninguén quere estar enfermo, e un doente só quere que lle curen, aceptas a chantaxe; e a Xunta xoga con esta necesidade de curación. Non denunciar este feito públicamente, non facer mobilizacións contra esta chantaxe é non apoiar aos usuarios/as nas súas denuncias, criticándolles moitas veces por qué non denuncian, deixandoos sos diante da administración, convirte ás cupulas sindicais en complices pola pasiva da destrucción da sanidade publica.

Para o 18 de Novembro diversas organizacións sindicais, sociais, de usuarios/as e politicas, entre as que se conta esta Coordinadora, teñen convocado umha Manifestación Contra A Destrucción da Sanidade Publica; chamamos a todos os traballadores/as da sanidade, ás suas organizacións, a sumarse a esa manifestación.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFENDESE

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: