COMUNICADO ANTE A MODIFICACIÓN DA LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA

Ante a publicación do ANTEPROXECTO DE LEI POLO QUE SE MODIFICA A LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA, esta Coordinadora manifesta o seguinte:
Rexeitamos taxántemente este anteproxecto que significa un paso atrás no progreso e millora do sistema sanitario público, e avanza na privatización do mesmo.
Este anteproxecto supón a eliminación de 4 áreas sanitarias e a creación de distritos cun claro obxectivo de proseguir no desmantelamento dos hospitais comarcais, e onde a atención primaria segue sen ter a importancia que debería no ámbito asistencial.
Asimesmo se “garante” definitivamente a participación do sector privado nos ámbito da investigación e a educación con axuda dos orzamentos públicos. Consideramos que os ámbitos da saúde e da sanidade deben quedar afastados da especulación e da persecución de calquera beneficio que non sexa a millora da saúde da cidadanía, e que os progresos das futuras investigación repercutan exclusivamente nas institucións públicas, e en definitiva, en toda a cidadanía.
Condenamos tamén a reorganización da participación dos consellos de saúde, que seguen a ser meros órganos consultivos sen ningún poder executivo, formados polos concellos, sindicatos, organización empresariais e asociación de pacientes, pero quedando fora deles as asociacións veciñais, cidadás e de calquera outro tipo que loiten pola millora do noso sistema sanitario público.
Pero este anteproxecto non é un feito aillado. Ao mesmo tempo que o goberno de Feijoo o promove, nas Comunidades Autónomas de Madrid e Cataluña propoñense similares modificacións dos seus sistemas sanitarias, á vez que no Congreso dos Deputados, e en breves datas no Senado, se adaptará a lexislación española ás normativas europeas 2014/23/UE y 2014/24/UE para garantir e avanzar no proceso privatizador dos sistemas de saúde. Ao mesmo tempo a CEOE lanza a campaña “Pacto por la defensa de la Sanidad Privada” co obxectivo de e entrar por fín a facer negocio coa nosa saúde e cos orzamentos públicos.
Como se ve, mentres os medios de comunicación nos entreteñen con mentiras e distraccións, os gobernos da dereita levan a cabo pouco a pouco, ás nosas costas, con nocturnidade e alevosía, o dictamen das multinacionais para converter os sistemas de saúde en beneficios para estas empresas.
Iste é un tema moi grave que trataremos na vindeira xuntanza de todas as mareas brancas do estado, ás que invitamos a tódalas organización de defensa da sanidade pública, para establecer unha estratexia conxunta e evitar a privatización da nosa sanidade pública.
Neste mesmo sentido estaremos atentos en Galicia a que a recien creada axencia A.D.O.S., que se encargará da xestión das doazóns de sangue e órganos, non sexa o xermen estructural para un posible e futuro traspaso á xestión privada.
Nos tememos que así será, pero non nos importará recoñecer no seu momento, si non fora asi, que estabamos equivocados. Non queremos que se faga negocio coa nosa sangue e o noso diñeiro.
En defintivia, nos unimos ás críticas do resto dos colectivos que xa se pronunciaron ao respecto, e rexeitamos taxantemente este anteproxecto. Un anteproxceto que avanza na privatización da sanidade pública, polo que facemo sun chamamento á cidadanía a defender unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos, porque é a única que pode garantir unha atención de calidade e digna para todas e todos.

Acude á Marea Branca que terá lugar o vindeiro 20 de Agosto, na Praza do Obelisco de A Coruña, ás 12 da maña.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!

Anuncios

Un comentario sobre “COMUNICADO ANTE A MODIFICACIÓN DA LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA

Agrega el tuyo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: