DOUAS MANEIRAS DE REXEITAR OS RECORTES

O pasado 26 de Xuño a Xunta de Persoal do CHUAC emitía un comunicado denunciando o peche de camas hospitalarias nun centro que xa “esta saturado”.
Dende a Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade da Coruña, non só partillamos esta denuncia, senón que levamos dous anos denunciando que todos os veráns provocouse a mesma situación, e coherentemente convocando concentracións mensuais no Obelisco (o terceiro domingo de cada mes), chamando á poboación a sumarse e facendo actos nos barrios e pobos (O Castrillón, Oleiros, Culleredo, Cidade Vella,… foron algúns).

Facemos isto porque consideramos que a defensa dunha sanidade 100% publica só pode facerse desde a mobilización dos traballadores / as da sanidade, xunto cos usuarios e usuarias. A loita na defensa da nosa sanidade hai que sacala dos centros de traballo e levala ás rúas.
Por iso, non podemos partillar o ton do comunicado da Xunta de Persoal, dicindo “que só se preocupa de reducir o gasto a pesar de incrementar listas de espera e saturar as urxencias cada verán”. Como se o resto do ano non fixeran recortes e privatizacións.
Mas, o mais preocupante da nota da Xunta de Persoal é que. “esixiu, por tanto, que “non se reduza a actividade durante o verán” e que se realice a contratación “necesaria” para atender a demanda sanitaria da poboación”. Tras unha palabra moi dura, aparentemente, “esixiu” que non se reduza e non cantas cousas mais, o que ha é unha submisión total a política da Xunta.
Compañeiros e compañeiras da Xunta de Persoal, e organizacións que a subscriben, sexamos radicais de verdade (ir á raíz das cousas): A Xunta do PP ten unha folla de ruta moi clara desde que o puxeron fai, xa, 9 anos, desmantelar todo o publico, sanidade, educación, transporte, servizos sociais/dependencia, … Deixalo, como moito, como “asistencia social para pobres”, e os demais, a paga-la privada.
Esta é a súa folla de ruta que aplica pechando camas en verán, recortando en servizos a longo do ano, establecendo as unidades de xestión, ou non facendo oposicións en ducias de anos, baseando todo na precariedade e na eventualidade.
Todo isto faino no SERGAS, mas tamén na Educación, estes días veñen de pechar CEIPs en As Pontes, Porriño, Outes…, faino en Política Social para beneficiar as residencias xeriátricas privadas, e faino en dependencia, que deixaron sen recursos financeiros.
Como vemos, e todos os casos a política é EXACTAMENTE A MESMA, por iso non é un problema de xestión, como din a nota; senón unha política consciente da Xunta.
A Xunta do PP só resposta diante dos donos das clínicas privadas, das residencias xeriátricas privadas, das grandes aseguradoras e as empresas que se fan con servizos privatizados. As preguntas parlamentarias ou as “esixencias” sindicais non lles interesan, salvo que fagamos como están facendo os do transporte de liña ou os dos CEIPs ameazados de peche, saír masivamente á rúa, implicar a todos so sectores golpeados polos recortes, comezando polos traballadores e traballadoras dos servizos e rematando polo usuarios e usuarias.
A Xunta de Persoal tería deixarse do radicalismo verbal das “esixencias” nas notas de prensa, como se con iso poderían mudar a folla de ruta do PP, comezar unha campaña de asembleas e reunións do persoal do CHUAC, a súa coordinación cos demais hospitais, pois todos sofren os mesmos ataques e recortes, e indo a barrios e vilas a facer actos, chamando ao apoio da poboación na loita por unha sanidade 100% publica.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: