Compañeira Amelia

Fai un ano que perdemos a nosa compañeira Amelia Ben Leston. Queremos aproveitar a ocasión para facer unha pequena homenaxe a unha persoa que loitou ata o fin dos seus días en defensa do que creía. Unha loita sen cuartel na defensa dunha sanidade 100% pública pese as limitacións que padecía, deixando unha profunda pegada en todas e todos nós. Foi un claro exemplo de que a loita que se perde é a que non se fai.

Pese a todo os atrancos e a súas dificultades,  sempre sacaba forzas para seguir adiante, participando en actos e concentracións, repartindo folletos ou o que fora necesario.

A compañeira loitou contra o desmantelamento do noso sistema sanitario público sen descanso, e dende aqui, queremos facerlle unha lembranza, unha vez mais,  para recordarlle a todas e todos, que seguiremos o seu exemplo: Non pararemos de loitar ata conseguir unha sanidade 100% pública, de calidade e universal.

Amelia sempre estará presente nesta loita porque está na nosa memoria e nos nosos corazóns.

Grazas Amelia.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: