Peche de camas na sanidade galega

Estamos asistiendo a unha destrucción controlada da nosa sanidade pública tal e como a coñecemos. Ante unhas listas de agarda de mais de 300.000 galegas e galegos, das cales case 36.000 están á espera dunha intervención cirúrxica, asistimos este dias ao peche de centos de camas dos nosos hospitais públicos co ùnico fin de botarnos nas mans da sanidade privada, de ir pechando pouco a pouco o que eles consideran que sobra das instalacións públicas, para abrir camiño ao negocio do sector privado na sanidade pública e fortalecendo as derivacións que sabemos se producirán. Todo isto suporá un duro golpe aos nosos orzamentos. Utilizar os nosos hospitais é mais barato que facer derivacións, e sobre todo, a calidade asistencial é moito mellor e con moitas mais garantías.

O conselleiro Almuiña anunció este ano que un 20% das camas dos hospitais públicos pecharían este verán por cese de actividade. Esta afirmación sen sentido deste conselleiro, unha mais de tantas outras, nos leva a un aumento das listas de agarda, xa terceiromundistas, que fará que aumente a desesperación das usuarias e usuarios que están a espera de ser atendidos.

Xa nos está a chegar información do peche de 102 camas no hospital de Lugo, xunto coa planta de medicina interna,  104 camas  no hospital de Pontevedra,  140 no CHUAC e 50 no Abente y Lago de A Coruña, o peche das plantas de medicina interna do Hospital Gil Casares e parte da planta de Traumatoloxía do hospital provincial de Compostela. Todo isto ata alcanzar as 1.700 camas “prometidas” polo conselleiro.

Este ano é un ano de especial impulso no destrozo dunha asistencia sanitaria de calidade, xa que se baten todos os rexistros anteriores, como si houbera presa para conseguir os obxectivos privatizadores. No gráfico vese claramente o esforzo deste goberno por destrozar a nosa sanidade pública. Sabemos que moitas destas camas xa non volverán a estar dispoñibles. É unha táctica que veñen empleando ano tras ano para que multinacionais, como a alemana Fresenius-Helios, propietaria de QuirónSalud, siga aumentando os seus beneficios a costa dos nosos orzamentos e da nosa saúde.

As usuarias e usuarios, xunto cos profesionais, temos que facer fronte a esta desfeita, que ano tras ano valeira de recursos os nosos hospitais públicos, e que nos condenará, de seguir isto asi, a unha atención terceiro-mundista, na que só poderán acceder a unha atención de calidade aquelas usuarias e usuarios que dispoñan de recursos. Se non o remediamos o pagaremos coa nosa saúde.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!!

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: