Presentación de sinaturas e encontro coa Valedora do Pobo

Hoxe reunímonos coa Valedora do Pobo Dª Milagros Otero Parga. Á xuntanza asistiron dúas representantes do sindicato PROSAGAL, unha representante do Sindicato SAGAP, e usuarios e traballadoras do SERGAS por parte da Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña.

Expusémoslle a visión que temos do problema e a enquisa que fixemos nas áreas de A Coruña, Santiago e Pontevedra recollendo un total de 4.251 signaturas. Un 98% das sinaturas amosaron o seu descontento co funcionamento do servizo.
Informámoslle dos problemas con que se encontran cada día as usuarias e usuarios e profesionais por culpa do mal funcionamento deste servizo. Un servizo que nos está a costar case 2 millons de euros e que está a provocar mais atrancos que beneficios.
Disémoslle que este servizo tamén fora instalado en Euskadi, e que debido aos mesmos problemas foi definitivamente desmontado nesa comunidade.
A Valedora amosou o seu compromiso e o apoio a nosa iniciativa. Comprendeu perfectamente as explicacións que as traballadoras do SERGAS daban sobre a problemática, e incluso comentou que xa tivera recibido queixas doutras usuarias por este servizo.
Comentámoslle que a poboación de Galicia é maioritariamente de idade avanzada e este sistema non é valido para este sector da cidadanía.
A nosas propostas foron que se fixera un informe do mal funcionamento do servizo e que, ainda que non era competencia da Valedora do Pobo, a única solución para este servizo é que fora ofrecido de novo por profesionais contratados polo SERGAS. Comentámoslle que según nos comentaran alguns profesionais, o porcentaxe de citas recollidas por este sistema e mínimo, e estamos a pagar un alto prezo por elas.
Comentar que o recibimento e a actitude da Valedora do Pobo foi en todo momento moi receptiva e comprensiva ante aos problemas plantexados. Amosou o seu interese por un problema del que xa tiña coñecemento, e comprometeuse a poñerse a traballar no mesmo de xeito inmediato.
A cidadanía galega paga os seus impostos e merece ter un bo servizo.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!! 

http://www.farodevigo.es/galicia/2017/05/16/4000-firmas-valedora-indague-concede/1679881.html

http://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/736132/piden-valedora-investigar-mal-funcionamiento-servicio-cita-telefonica-sergas

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/piden-investigacion-valedora-mal-funcionamiento-servicio-cita-previa-telefonico-sergas/idEdicion-2017-05-15/idNoticia-1055459/

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/57132-piden-investigacion-valedora-mal-funcionamento-servizo-cita-previa-telefonico-sergas

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/05/16/4000-firmas-valedora-indague-concede/1181491.html

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: