CONTESTACIÓN ÁS DECLARACIÓNS DO CONSELLEIRO ALMUIÑA TRALA DENUNCIA ANTE A FISCALÍA

Trala publicación da denuncia feita por nós na Fiscalía Provincial de A Coruña contra as xerencias do CHUAC e o CHUS pola aglomeración de doentes nos corredores dos hospitais, e tralas declaracións feitas polo conselleiro a RTVGA falando da alta calidade da sanidade galega e que algúns só queremos chamar a atención, temos que engadir o seguinte.
Ante esta desafortunada contestación imos aportar os datos que o propio SERGAS ten publicados na súa web, e ver como a calidade asistencial degrádase cada ano que pasa coa xestión dos actuais gobernantes.

Antes de nada temos que deixar claro que faltan moitos mais doentes nas listas de agarda, que estan en listas ocultas, e que trala petición feita por nós para que foxen publicadas, a resposta foi o silencio. E como mostra disto, temos un último caso do encadeamento do fillo dunha nai no ambulatorio do Ventorrilo que levaba 3 anos esperando por unha proba.

Tamén temos que aclarar, que pese ao desmantelamento que a sanidade pública está a sufrir, con recortes de persoal, medios e mantemento, os profesionais, que moitos deles están traballando en condicións indignas, fan todo o que poden para manter a máxima calidade na asistencia aos doentes, pese aos atrancos do SERGAS de reducción de persoal e medios.

E claro que queremos chamar a atencion. Queremos chamar a atención da cidadanía para informarlles do que esta a acontecer coa nosa sanidade, e o destrozo que os actuais xestores están a producir.

Empezaremos dicindo que A Coruña é a provincia con mais suicidios de todo o estado español, según os últimos datos do Instituto Nacional de Estadística correspondentes ao 2015, con 152 suicidios e 316 en toda Galicia. Case un suicidio por día en toda a comunidade. Seguimos sin un plan de prevención do mesmo e o conselleiro Almuiña e Feijoo mirando cara outro lado.

Nas ultimas listas de agarda publicadas polo SERGAS en decembro do 2016, os tempos medios de agarda e as listas de agarda sufriron un empeoramente xeralizado. En probas o aumento chega casi ata o 30%. En realidade sabemos que isto non é mala xestión, é unha estratexia para baleirar a sanidade pública, tratar de botarnos nas mans da sanidade privada e deixar a Sanidade Pública convertida nun reducto asistencial baixo mínimos.

Adxuntamos unha serie de gráficos, e temos moitos mais, onde podemos ver a “boa” xestión do SERGAS e o conselleiro Almuiña nos últimos 6 meses.

Como xa dixemos nalgunha ocasión, este equipo nunha empresa privada sería fulminantemente despedido.  O goberno de Núñez Feijoo ten que saber que as galegas e os galegos SÓ CONFIAMOS NUNHA SANIDADE 100% PÚBLICA, é a única que pode garantir unha sanidade de calidade para todas e todos, e donde a mortande é moito menor.

Nós seguiremos denunciando todo o desmantelmento que está a producirse na sanidade galega.

Ante estos datos só nos queda pedir a demisión da Xerencia do SERGAS, do conselleiro  e de todo o seu equipo.

Evolución listas de agarda Galicia

probasdiagnosticasgalicia

consultasexternasgalicia

cirurxiasgalicia

 

 

Evolución listas de agarda EOXI A Coruña

probasdiagnosticasacoruna intervencionscirurxicasacoruna consultasexternasacoruna

 

 

Evolución listas de agarda por especialidades Galicia

graficopruebasdiagnosticas_galicia graficoconsultasexternas_galicia graficocirurxicas_galicia

 

 

Evolución listas de Agarda por especialidades EOXI A Coruña

graficopruebasdiagnosticas_coruna graficoconsultasexternas_coruna graficocirurxicas_coruna

 

 

Evolución Tempos medios de agarda

temposmediosesperatotales_pagina_1 temposmediosesperatotales_pagina_2 temposmediosesperatotales_pagina_3

 

 

temposmediosesperatotales_pagina_7 temposmediosesperatotales_pagina_6 temposmediosesperatotales_pagina_5

 

 

temposmediosesperatotales_pagina_4

 

 

 

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !!!!

Anuncios

Un comentario sobre “CONTESTACIÓN ÁS DECLARACIÓNS DO CONSELLEIRO ALMUIÑA TRALA DENUNCIA ANTE A FISCALÍA

Agrega el tuyo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: