XUNTANZA CO ALCALDE XULIO FERREIRO E O CONCELLEIRO ALBERTO LEMA

Comunicado trala xuntanza de representantes desta Coordinadora co alcalde Xulio Ferreiro e o concelleiro Alberto Lema o dia 1 de Marzo co motivo da proposta da creación dun cluster de saúde na nosa cidade.

Expusémoslles o noso posicionamente ante a creación dun organismo que afonda na privatización da sanidade pública e sobre todo co axuda de orzamentos públicos, e lle manifestamos o noso rexeitamento a esta cesión, por parte da Marea Atlántica, a esta iniciativa do PSOE.
Non estamos dacordo que se empleen os impostos de todas e todos nun proxecto cando o beneficiario último do mesmo é o sector privado. Un sector que non desperdicia ningunha ocasión, neste caso da man do PSOE, para seguir avanzando na penetración da sanidade pública e facer negocio coa saúde da cidadanía.
A sanidade pública é un pilar básico da nosa sociedade que ten que ser especialmente protexido da especulación e o negocio que algúns queren facer con él.
Este Cluster estaría formado por todos os axentes do sector, tanto públicos como privados, e que no proxecto inicial, sería o interlocutor único ante a Administración. Convertiríase nunha administración paralela á Xerencia da EOXI de A Coruña, que é a que ten que coñecer perfectamente cales son as necesidades asistencias da poboación da área coruñesa e as súas carencias. Sabemos cantas persoas están nas listas de agarda, e que tempos de espera temos que sufrir para acceder ao sistema sanitario. E a solución é ben sinxela: apertura das plantas pechas dos nosos hospitais, contratación de todo o persoal dispoñible nun plan de emerxencia para acabar coas listas de agarda e acabar cos contratos precarios dos profesionais para que poidan desenvolver a súa labor coa profesionalidade da que son capaces.
Ante esta exposición, tanto o alcalde Xulio Ferreiro como o concelleiro Alberto Lema comentáronnos que iste non éra un proxecto deles, que a idea naceu no PSOE e que era un punto estratéxico para o PSOE na negociación dos orzamentos. A súa posición no tocante á asistencia sanitaria, é a defensa dunha sanidade 100% pública e que non ian facilitar de ningún xeito que se avanzara na privatización da sanidade.
Dixemos que unha Sanidade 100% pública é un dereito fundamental no que non cabían medias tintas á hora da súa defensa. Un principio que non pode servir de troco en unha negociación con forzas da oposición, nin hai nada que o xustifique.
Se nos dixo que para este ano non hai ningunha partida presupuestaria dedicada a este proxecto. En canto a continuidade do mesmo, e no caso de seguir adiante con él, faríase unha redefinición, alonxado deste modelo de Cluster, de xeito que non supoña ningún avance do sector privado na sanidade pública. Nos comentan que poderiase enfocar cara a temas de formación e promocion da saúde, colaboración con asociacions de pacientes de diversas patoloxías, entidades sociosanitarias sen ánimo de lucro, etc. ou a investigación biomédica, frabricación de prótesies, etc en colaboración co CHUAC e a Universidade, por exemplo, pero deixando sempre fora o tema asistencial.
En xeral estamos dacordo con esta revisión, e que os orzamentos públicos se destinen a favorecer e promover no ámbito público da saúde, riqueza, benestar e avances para toda a cidadanía. E por suposto, manter alonxados da nosa sanidade pública aos especuladores que só persiguen a consecución de beneficios a costa de converternos a todas e todos en clientes.
Nós somos cidadáns de pleno dereito á unha asistencia sanitaria digna e sen repagos e voltamos a recordar que na sanidade privada a mortandade é moi superior que na sanidade pública cun 2,5% en adultos, un 8,5% en pacientes crónicos e un 9,5 en recen nados.
Esperamos e confiamos nas aclaracións feitas nesta xuntanza polos responsables municipais, e que a redefinición deste proxecto sexa positivo para todas e todos.
Sempre estaremos atentos e vixiantes ante calquera desvío que facilite a penetración do sector privado na sanidade pública.
Por todo isto e moito mais, nos reafirmamos na esixencia dunha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: