CAIXA GALICIA, FUNDACIÓN REINA SOFÍA E CLUSTER SANITARIO

Escoitamos estes días un novo proxecto que Mar Barcón ten, no eido sanitario, para A Coruña.
Xa no pasado, non fai moito tempo, fíxo outro plantexamente en público sobre un grande proxecto para construir un centro para aloxar enfermos de Alzheimer na Coruña. Un centro que sería construído coa participación da Fundación Reina Sofía, esta última envolta, xunto coa Fundació Afal, nunha estafa a unha doente de Alzheimer.

barcon-voto
Caixa Galicia, Afal e agora Cluster Sanitario, onde todas as empresas do sector, públicas e privadas xuntaríanse para “millorar” a sanidade e convertir a cidade nun referente.
Xa lle escoitamos anteriormente de que en “Caixa Galicia” non se enterou do que acontecera. ¿Supo o que aconteceu coa Fundación Afal e a Fundación Reina Sofía? Seguro que tampouco, e menos vaise enterar do que poida acontecer nun cluster empresarial participado por empresas buitres que non dubidarán en recortar custos para obter mais beneficios á costa da saúde da cidadanía.
Mar Barcon ten un problema coa sanidade pública, e é que quere convertila nun negocio, imaxino que por iso traballa, moi lexitimamente, no sector privado e terá todo o dereito a tentar promocionar o seu negocio, pero non á costa da saúde da cidadanía.
O PSOE privatizou igual co PP a sanidade pública, xa non nos enganan mais. O que a cidadanía esixe, e desexa, é unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos. Unha sanidade onde se derroguen as leis 15/1997 (¿A recorda Sra. Barcon?), o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade (Sónalle esta tamén, ¿A que sí?), a 16/2012 e o artigo 135 da Constitución (esto tamén lle sonará). Leis e artigos, todos eles, con afán privatizador, sendo o PSOE o que abriu a porta ao que estamos a sufrir nestes momentos.
Rexeitamos taxantemente este cluster onde participe o sector privado. A sanidade 100% pública é a única que pode garantir unha asistencia digna e de calidade a toda cidadanía. Esiximos que se abran tódalas plantas dos nosos hospitais públicos e se poñan a pleno rendemento. A sanidade pública a teñen que organizar os profesionais da sanidade pública, xa que son os únicos que coñecen que é o que necesita. Non podemos permitir que as Barcóns da sanidade privaticen e fagan negocio coa nosa saúde. Se non o impedimos o pagaremos caro.
Está a morrer xente cada día polos recortes en saúde, e o PSOE e o PP, e Mar Barcón e Nuñez Feijoo manteñen liñas similares en canto a organización da sanidade, non en balde algunhas políticas traballan no sector privado, e outros ex-altos cargos poseen participacións en fondos de capital risco que teñen contratos co SERGAS.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: