CONDENAN AO SERGAS POR CONTRATACIÓN EN FRAUDE DE LEI

Esta coordinadora felicita ao sindicato SAGAP por este triunfo e defensa das traballadoras e traballadores da sanidade pública. Este é o xeito de defender unha sanidade pública de calidade, que inclúe as condicións laborais das traballadoras/es. Porque a nosa sanidade pública necesita traballadoras/es que desenvolvan a súa xornada en condicións dignas e que os pacientes teñan a calidade asistencial que se merecen, porque como veñen amosando dende a súa creación día a día, o sindicato SAGAP ten claro que a loita é conxunta, traballadoras/es e as persoas pacientes por unha sanidade 100% pública, combinando as denuncias ante as instancias que procedan coa loita na rúa.

Dende a Coordinadora, queremos aproveitar a ocasión para denunciar a actitude dos sindicatos maioritarios que en todo momento frearon, obstaculizaron e o seguen a facer, as traballadoras/es dos novos sindicatos que están a loitar polos seus dereitos, e pola súa dignidade. E como vemos con moi bos resultados. Estas actitudes converten aos seus autores en cómplices dos que están a violar os dereitos das traballadoras/es e a desmantelar a nosa sanidade pública. Non valen medias tintas ante a agresión que está a sufrir a nosa sanidade, ante a descapitalización humana e material. Non se pode manter un silencio cómplice, porque será o final da sanidade pública para todas e todos, traballadoras/es e persoas usuarias.

¡¡¡ SÍ SE PUIDO, SÍ SE PODE E SÍ SE PODERÁ !!!

PAREBENS a SAGAP e as súas traballadoras e traballadores !!!!

comunicadosagap

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: