O SILENCIO DO SERGAS ANTE AS PETICIÓNS DAS E DOS DOENTES.

A través deste comunicado quere manifestar o mais absoluto rexeitamento ao comportamento da Xerencia do C.H.U.A.C ante a petición feita por estar coordinadora da apertura da oficina de atención ás doentes no Hospital Materno-Infantil de A Coruña.

A primeira petición, realizada o 30 de Xullo do 2014 foi contestada un ano despois en la que se nos di que se poden presentar queixas en calquera punto de entrada da Xerencia, tanto en hospitais como centros de saúde. E que no devandito hospital as queixas se podían presentar antes as supervisoras de garda ou supervisoras de enfermería.

Hospital Materno Infantil de A Coruña

Pese a estas aclaracións comprobamos que a oficina de atención ao doente dese hospital seguía pechada, e as doentes tiñan problemas para presentar as súas queixas.

A seguintes peticións foron presentadas en Abril do 2015 e Abril do 2016, acompañadas de centos de firmas de doentes e o silencio foi a resposta da xerencia.

O mais curioso de todo isto, é que nunha charla que tivemos coa Subdirectora de Atención ao Paciente, a Doutora Olveira Lorenzo por outros motivos, manifestounos no ano 2015 que estaban a formar a unha persoa para esa oficina, e que non se olvidaban das nosas peticións.

Tras mais dun ano de espera, a oficina sigue pechada, os problemas para presentar as queixas nese hospital seguen a ser os mesmos, e parece que a persoa que estaban a preparar debe seguir en proceso de formación.

Todo isto para remarcar unha vez mais o desprezo que estes xestores senten polas enfermas e enfermos, que a parte de padecer problemas de saúde, teñen que engadir forzas para esixir os seus dereitos, e con multitude de atrancos,  para que a súa atención sexa en tempo e digna.

Non queremos pensar que o que nos dixera a Doutora Olveira Lorenzo fora algo para salvar a situación nese momento, pero vendo a actitude da xerencia non nos deixan outra saída. Lamentamos este tipo de comportamentos pouco formais ante unha demanda refrendada por centos de cidadáns, e a que había que terlle un mínimo de respecto e non xogar co sufrimento das e dos doentes.

Finalmente, e unha vez mais, esiximos que a Xerencia do C.H.U.A.C. cambie de actitude e escoite á cidadanía, que é a que esta a pagar os seus impostos para que estes sexan ben xestionados, e sirvan para solventar os atrancas e problemas de saúde de todas e todos os doentes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: