Negativa do Organo de Transparencia da Xunta de Galicia a facilitar información.

Temos recibido contestación do Órgano de Transparencia da Xunta de Galicia  a nosa petición de información sobre as listas de agarda non estruturais e informes económicos que avalan as derivacións á sanidade privada.

Antes de entrar a analizar o escrito, comprobamos que o mesmo ten data de 28 de Xullo, e a contestación por correo electrónico a recibimos o día 5 de Agosto, 9 DÍAS DESPOIS, xusto un día antes de  que se producira o silencio administrativo negativo.

Comprobamos coa devandita contestación, que o nome deste organismo non se corresponde coa realidade dos feitos, como case todo o que ocorre na sanidade pública galega. As declaracións dos responsables e a realidade dos feitos distan moito de ir polo mesmo camiño.

En canto as listas de agarda “non” estruturais non nos facilitan ningún tipo de información ou aclaración.  Remítennos ás listas de agarda oficiais publicadas en Xuño deste ano e á lexislación que regula a organización das mesmas, pero que nada din das e dos doentes que non teñen data para súa cita, proba ou operación cirúrxica, ou aqueles que se negaron a ser derivados a un centro privado.

Se nos negan tamén os informes económicos que avalan as derivacións de doentes a centros privados por pertencer, según din eles,  ao historial do doente.

Nós non solicitamos información persoal das doentes, pedimos os informes económicos, no caso de que existan, que avalen as decisións de derivacións a centros privados, que criterios se utilizan e que empresas son as beneficiarias nos diferentes servizos do SERGAS.

Como cidadáns temos dereito a saber como se están a xestionar os nosos recursos.

Neste senso creemos que non se están a tomar as decisións mais axeitadas para as arcas públicas, xa que pensamos que unha plena utilización dos nosos recursos sanitarios é mais económico cas derivacións a centros privados. No caso de que non sexa así, queremos que se nos mostren eses informes que xustifiquen tales decisións, e os estudos comparativos de probas ou intervencións entre a sanidade pública e a sanidade privada.

Ante todo isto seguiremos os cauces legais pertinentes para conquerir unha información á que temos dereito todas e todos.

SAIP 008 2016_copia_Página_1SAIP 008 2016_copia_Página_2SAIP 008 2016_copia_Página_3

15ª MAREA BRANCA – XA CHEGA!!

Con este xa temos un motivo mais para que o día 21 de Agosto, na praza do Obelisco da Coruña, esixamos unha vez mais, unha sanidade pública, de calidade, universal e gratuita no momento da prestación, ao que engadiremos que queremos coñecer como se están a gastar os nosos impostos.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: