COMUNICADO ANTE A PROPOSTA DO PSOE NO CONGRESO DOS DEPUTADOS SOBRE SANIDADE

O PSOE engana na loita contra a privatización da sanidade pública.

Tras ler a última proposición de lei sobre sanidade pública presentada por este partido esta semana no Congreso dos Deputados, confírmanos unha vez mais que mantén e está dacordo coa privatización do sistema sanitario público, como así o ven a facer en Andalucía dende fai anos, e agora na comunidade Aragonesa; onde intenta implantar as Unidades de Xestión Clínicas, que xa están vixentes en Andalucía dende fai tempo.

O Conselleiro de Sanidade da Comunidade Aragonesa, Sebastián Celaya, manifestábase en defensa da sanidade pública en todas as convocatorias feitas nesa comunidade, pero unha vez chegado ao goberno, as liñas sanitarias van por outro camiño.

Na comunidade andaluza prémiase aos  médicos por non derivar aos especialistas ou   múltaselles cun mes de empleo e soldo, por recetar a doentes sen autorización previa da administración.

Esta é a teimuda realidade pese as súas verbas de defensa da sanidade pública: esta semana morría un ancián que levaba 12 horas nunha cadeira de rodas á espera de ser atendido nun hospital sevillano.

Na Galiza estamos a ter o mesmo escenario. Observamos a diario como os representantes do PSOE participan en plataformas de defensa da sanidade pública, e acoden a tódalas mobilizacións habidas e por haber. Pero cando se lles fala de rexeitar a lei 15/1997, que é a lei responsable da privatización da nosa sanidade, aprobada pola dereita e polo PSOE, néganse rotundamente a rexeitala, e xa non falemos da derrogación do artigo 135 da Constitución, pactado entre Zapatero e Rajoy. Mesma postura que manteñen cos tratados de libre comercio que porán en perigo, non só a sanidade pública, se non o resto dos servizos sociais e a propia soberanía popular.

Tamén temos que recordarlles que neste ano de aniversario da Lei Xeral de Sanidade, da que o PSOE se sinte tan orgulloso, o artigo 90 da mesma é a porta que deixaron aberta para as futuras privatizacións que agora estamos a padecer.

Xa no seu momento, O diario El Pais na súa editorial do 31 de Marzo de 1986 comezaba asi: “A Lei Xeral de Sanidade, que foi aprobada polas Cortes cando a lexislatura toca a su fin, significa a perda dunha oportunidade histórica para realizar unha profunda reforma sanitaria nun país no que aínda algúns hospitais públicos poden ser cualificados como fábricas de dor”. Ou “A falla de decisión do Ministerio de Sanidade e Consumo para enfrontarse aos poderes fácticos do corporativismo sanitario e, moi especialmente, coa Organización Médica Colexial, fixo realizar continuas concesións que desvirtuaron moitos dos aspectos positivos do  proxecto inicial.”

Non comprendemos como partidos de esquerdas ou organizacións sociais que defenden a sanidade pública, poden camiñar xuntos cun partido que claramente está aberta e claramente a prol da privatización da sanidade, e de manter os concertos que están a arruinar e a descapitalizar de capital humano a nosa sanidade. O consenso ten  que se manter entre forzas que defendan sen nengumha excepción unha sanidade pública 100%, o resto é un xogo político que engana á cidadanía, e faille o xogo aos privatizadores do sistema sanitario público. Hai que sinalar aos responsables da actual situación, e o PSOE é un deles, xunto co PP, CIU e PNV.

Na proposta presentada polo PSOE esta semana, nos encontramos con que a única petición é a de voltar á universalidade da asistencia sanitaria, o cal parécenos ben, pero é totalmente insuficiente.

O sistema sanitario público está a ser derrubado e posto en mans das multinacionais e o sector privado baixo a lexislación que o propio PSOE votou e acordou, cun claro obxectivo de repartirse o noso presuposto público, a costa da calidade asistencial e da saúde da cidadanía.

Imos camiño dunha sanidade pública de beneficencia, onde só se prestarán unhos servizos mínimos, no chamado catálogo de prestacións básicas, e para o resto teremos  que pagar.

Sabemos dalgúns plans en A Coruña para doentes de Alzheimer que no seu momento fixo públicos a socialista Mar Barcon. Un centro construído co mesmo modelo co Alvaro Cunqueiro e coa colaboración da fundación Reina Sofía, fundación envolta xunto coa fundación AFAL nun escándalo de estafa aos doentes de Alzheimer nun centro deste tipo.

Sen lugar a dúbidas, o proxecto do PSOE é o mesmo modelo privatizador co do Partido Popular. E os partidos e organizacións que neste momento comparten escenario na defensa da sanidade pública, teñen que ter claro con quen queren estar: si coa defensa dunha sanidade 100% pública,  ou a de facerlle o xogo a partidos que só perseguen chegar ao poder para facer a mesma política sanitaria ca do PP.

Temos que ter unha posición clara e non enganar máis a unha cidadanía que está a sufrir as consecuencias dunha atención que xa é terceiromundista, e que está a provocar dor e mortes.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: