DENUNCIA DUNHA DOENTE

Son epiléptica. Dende os 17 anos sufrín “mareos” despois dunha pequena intervención, na que fun derivada a un sanatorio concertado, pero fun diagnosticada, mais menos fai 5 anos, e tratada pola miña neuróloga  con medicación en unha dose de 250-0-250. Pouco a pouco, como non xurdía efecto esa dose, fóronma subindo ata a data de hoxe con 1000-0-1000, e no transcurso dos últimos tempos, dado que convulsionaba moito, engadíronme ½ pastilla de outra medicación, 0-0-1/2.

Despois do meu agravamento en intensidade e frecuencia das crises, a miña neuróloga en novembro do 2015 dime que hai que cambiar a medicación, pero primeiro pídeme un TAC por as dores que me quedaban na zona occipital despois das crises. A espera da cita do TAC, que ma deron para o 23 de xuño 2016, tiña que pedir vez para a consulta ca miña neuróloga, cita que quedaron pendentes de mandarme por correo.

Dado o meu empeoramento en intensidade e frecuencia, a miña doutora de cabeceira fíxome un análise de sangue para ver os niveles de medicación en sangue e pasoume a 1000 polas mañás que ata ese intre, estaba con 750 polas mañás, e 1000 por a noite. Seguín empeorando e, despois dun tempo a doutora de cabeceira repite análise e os niveles estaban ben. Pero eu sego a sufrir crises de epilepsia mais frecuentes e mais intensas.

O día 15 de xuño do 2016 vou a miña doutora e dáme un informe do meu agravamento. Ao día seguinte vou ver en citas si xa está aberta a axenda de neuroloxía, e aínda non. Vou a atención ao doente, e entrego a solicitude/queixa co informe da doutora de cabeceira. Como en atención ao doente tardan un tempo en dar resposta, e a situación era peor, decido ir a falar ca xefa de servizo de neuroloxía, pero non se atopaba. Isto o día 16 de xuño 2016, volto a xunto dela o día 21 de xuño do 2016 e a xefa do servizo xa se había ido.

Dende o día 22 estou coa dor de cabeza e mareada. Hoxe día 27 tiña que ir á doutora  de cabeceira para ver o resultado do TAC. Estaba sen informar, e dada a miña situación, no informe que axuntei o día 16 en atención o doente, imprímeo de novo e engade a man, que me revisen o longo de esta semana, e pon URXENTE.

Con isto achégome ao CHUAC e pregunto outra vez en citas si xa está a axenda aberta e aínda non. Achégome a consulta da miña neuróloga, que consultaba hoxe, e dándolle o informe a enfermeira entra na consulta e o saír dime a enfermeira que a doutora non pode facer nada. En vista da situación, volto a ir a xefa de servizo, que si estaba, pero reunida. A secretaria ou administrativa, xa me identifica das outras dúas veces, fala coa xefa de servizo, e dime que non pode facer nada. Doulle o informe da doutora de cabeceira e cando sae dime que a xefa de servizo de neuroloxía lle dixo que eu fora a urxencias.

Ben, por cuarta vez no mesmo día  explico o que me ocorre, mírame unha doutora, dime que consulta co neurólogo de urxencias, e tempo despois dáme un informe, e explícame que aumente da ½ pastilla das convulsións a noites a 1 ½, e que para cambiar a medicación que espere a que me dean vez para a miña neuróloga.

Dende a miña humilde ignorancia, o problema de base son as crises de epilepsia, a medicación que me aumentaron déronma para as convulsións, se a medicación da epilepsia non regula/elimina as crises, que ademais, a medicación en conxunto a medida que ma foron subindo, as crises foron aumentando, a miña pregunta e ¿Para que me soben a medicación das convulsións, se non son capaces de controlar/eliminar as crises de epilepsia?

Exposto todo isto so me queda dicir que, despois de toda a medicación que tomo para as crises de epilepsia, estou  peor que antes de tomar ningunha medicación, que descoñezo a solución o meu problema, pero por sentido común, si esta medicación comigo non funciona, porqué non ma cambian?

Dicirlles, que son persoa equilibrada, non son depresiva, non son hipocondríaca, non me obsesiono cos efectos secundarios, de feito, das medicacións que teño que tomar, SI ou SI, non leo os prospectos, porque cas contraindicacións que traen xa dubido de tomalas.  Pero deben de saber que, por dúas veces, tiven pensamentos suicidas. A primeira asusteime, sendo consciente que ese pensamento era imposíbel que xurdira de min. Lin o prospecto da medicación da epilepsia, e atopeime con que si podía dar eses efectos. Tamén dicirlles que teño alteración do sono, algo que non me ocorría cando non estaba medicada para esa doenza.

Se algo me ocorrera, alguén terá que responsabilizarse disto.

So pedín axuda ao meu problema, e so atopei portas pechadas e axendas de consulta de neuroloxía tamén pechadas; son coñecedora da saturación que sofren por culpa dos recortes, e a falta de persoal, pero iso non debe de restar a quen corresponda un pouco de Humanidade.

María

A CORUÑA, 27 de Xuño do 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: