Homenaxe á nosa compañeira Amelia Ben Leston

Hoxe finou unha compañeira da Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña, a compañeira Amelia, que moitos coñecerán como a súa voceira en moitas das Mares Brancas do último ano, e diversos actos informativos.

A compañeira tiña unha enfermidade que tivo consecuencias tráxicas, e a pesar dela, os últimos tempos foi vangarda na loita por unha Sanidade Pública.

O empeño que poñía, pese as súas dificultades, e a enerxía coa que nos contaxiaba foi sempre un exemplo para todos nós. O sorriso sempre presente na súa faciana, pese aos seus problemas de saúde, e a forza coa que levaba adiante a súa loita, son dignos de admiración. Aínda estando ingresada, enviábanos fotos das irregularidades que encontraba nos hospitais, nunha loita sen descanso.

Nuns tempos nos que por unha manobra especulativa poden desaparecer millóns de euros, nuns tempos nos que o estado gasta miles de millóns de euros no rescate de bancos e empresas, a investigación para a solución de enfermidades como a que afectaba á compañeira, fica fundamentalmente nas mans de empresas privadas, as farmacéuticas, que poñen por riba da resolución real das enfermidades, custosos tratamentos, a maior gloria dos seus beneficios.

A compañeira loitou contra estas consecuencias ate o final, e dende aquí queremos facerlle unha lembranza, recordando que seguiremos loitando por unha sanidade pública, de calidade e universal.

Compañeira Amelia, ate a vitoria, sempre.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: