PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN AO SUCIDIO

A morte por suicidio é un dos mais graves problemas de saúde pública. Case tódolos dias do ano morre por suicidio unha persoa en Galicia.

MGSMA cantidade de persoas falecidas por esta causa aumentou dende o comenzo da crise, tanto en España como en Galicia, chegando a ser a principal causa de morte “externa” no noso país segundo o Instituto Nacional de Estatística. A maioría das veces a morte por suicidio é resultado da combinación de razóns nada misteriosas: sufrimento psíquico intenso que con frecuencia afecta á saúde mental da persoa, carencias (afectivas, económicas, de expectativa de algo mellor por diante, soedade, dor, enfermidade grave, incapacidade para manexar dificultades relacionais e emocionais,…), empobrecemento, paro, débedas, perda da vivenda,…

A Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu en 2011 ós gobernos dos países europeos que a crise conlevaba un aumento do risco de suicidios se non se adoptaban políticas activas de emprego para reducir o paro, de reforzamento da protección social e sanitaria, de alivio da carga da débeda sobre as persoas que a sufren, e de apoio ás familias. No noso país fíxose a política oposta e, desgraciadamente, esa predicción cumpriuse: os suicidios aumentaron relacionados coa crise e coas políticas desenvolvidas ante a mesma. Hoxe as investigacións desenvolvidas en Galicia así o confirman.

En 2013 a OMS fixo un chamamento mundial a tódolos gobernos para que desenvolveran estratexias de prevención de tal xeito que en cada país se reducira a cantidade de mortes por suicidio nun 10% para o ano 2020, e urxiu a actuar xa. Hai tres anos que tiñamos que ter en marcha o Plan de Prevención do Suicidio para o noso país. O goberno da Xunta de Galicia non fixo nada ó respecto.

O compromiso de toda a sociedade na prevención é fundamental. A obriga do Goberno da Xunta de Galicia é ineludible. Urxe o Plan Galego de Prevención do Suicidio.

Hoxe ás 5 da tarde o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) realiza unha rolda de prensa en Santiago para dar a coñecer a valoración sobre os datos coñecidos sobre o suicidio en Galicia, considerando tanto os dados a coñecer polo Instituto Nacional de Estatística ó respecto do 2014, como os elaborados polo MGSM do 2015.

Nese mesmo acto presentaremos un vídeo elaborado expresamente sobre esta cuestión polo MGSM, que formará parte dunha campaña sensibiladora e revindicativa que en consonancia cas orientacións da OMS reclamará a elaboración do PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO (compre recordar que OMS orientou ós gobernos en 2013 sobre esta necesidade sin que, xa sexa en España xa sexa en Galicia, se teña feito nada polos mesmos).

Como parte desa campaña  iniciaremos tamén ás 8 da tarde unha acción simbólica que queremos que se sosteña tódolos dias, con finalidade sensibiladora, na Praza de Praterías de Santiago. É importante a tua atención e o seguimento da actividade, da que informaremos a través da web e do Facebook do MGSM (onde se atopará o enlace ó video e ás imaxes e grabacións do acto citado), así como a maior difusión dos mesmos.

http://movementogalegosaudemental.gal/

https://www.facebook.com/movementogalegodasaudemental

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: