PACTOS DA VERGOÑA

O SERGAS está a negociar cos sindicatos maioritarios do sector, unha mellora de diversos aspectos laborais do persoal estatutario temporal, como a conciliación da vida laboral e familiar, protección da maternidade e outros aspectos.

Ante a escaseza flagrante de persoal cos sucesivos recortes co gobernó de Nuñez Feijoo ten feito ao sistema sanitario público, nos preguntamos cómo as esixencias dos sindicatos non camiñan na dirección de aumentar a plantilla de persoal, e rachar de inmediato calquera negociación ata que se pare o desmantelamento do sistema.

Lonxe de mellorar a calidade do servizo ou as condicións laboráis dos traballadores, estas negociacións, como as que se teñen producido no estado español noutros sectores, só sirven para validar as reformas feitas e lavar a cara destes xestores cuxo único obxectivo é a privatización completa do noso sistema sanitario.

Non entendemos a qué están a sogar os sindicatos maioritarios do sector, cando ademáis coincideron coa  actual xerencia do SERGAS en apartar das negociacións aos novos sindicatos SAGAP ou PROSAGAL,  que efectivamente, REPRESENTAN a estas traballadoras e traballadores, e a qué tipo de intereses obedeceu este comportamento.

Ata o de agora ninguén se preocupou polas traballadoras e traballadores “eventuais”, e foron  elas as que tiveron que organizarse.

Por todo isto, temos que denunciar enérxicamente, e amosar o noso total rexeitamento a este tipo de pactos, que só veñen a afianzar a situación anómala que estamos a vivir na sanidade.

Estos sindicatos convertiranse deste xeito en cómplices de todo o que goberno de Nuñez Feijoo ten feito ata o de agora coa nosa sanidade: o abandono da atención primaria, a precariedade laboral e a conseguinte disminución da calidade asistencial, a privatización dos servizos sanitarios, as derivacións e a non contratación de mais persoal.

Non se pode negociar nada cos que están a arruinar a nosa sanidade pública. A única resposta ante esta situación é a mobilización e a folga. Calquera outra medida é darlle impulso ás medidas adoptadas polo gobernó de Nuñez Feijoo, así como facilitarlle unha boa foto en tempo electoral  a quen está a privatizar o sistema sanitario público. E preguntámonos unha vez mais, ¿a cambio de qué?

Con este comportamento, estos sindicatos maioritarios non están a representar os intereses das traballadoras e traballadores, nin da cidadanía, na medida en que todos precisamos un bó sistema sanitario, sinon todo o contrario, axudan a afianzar o destrozo feito.

Facemos un chamanento dende aquí a estas centrais sindicais,  a que recapaciten e se poñan dunha vez ó lado das traballadoras e traballadores, falsamente chamadas “eventuais” según algunha recente sentenza xudicial, e tomen tódalas medidas necesarias para esixir un aumento da plantilla de xeito inmediato, e estén á altura das necesidades sanitarias da cidadanía.

Todo o demais son enganos e pactos vergoñentos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: