HOSPITAL ABENTE Y LAGO

Temos recibido novas de que estaba programada para esta semana, o peche da 4ª planta do Hospital Abente y Lago e despedir ao  persoal eventual ao fin do contrato..

Hospital Abente y Lago
Hospital Abente y Lago

Esta coordinadora condena taxántemente esta medida, encamiñada ao obxectivo de favorecer a sanidade privada e precarizar mais, si cabe, os nosos recursos públicos.
Ante as escandalosas listas de agarda, onde mais de 300.000 usuarias e usuarios están a espera dun acto médico, non podemos consentir que se peche ningunha cama dos nosos hospitais.
Isto confirma as nosas sospeitas de que as peonadas da Xunta son mera propaganda electoral, e que o derradeiro obxectivo dos actuais gobernantes, é o deterioro do sistema público para transferir a asistencia ás empresas privadas.
Esiximos que se manteña aberta esa planta do Hospital Abente y Lago e se reabran tódalas demais pechadas de tódolos hospitais públicos. Non se poden consentir as derivacións á sanidade privada desaproveitando recursos públicos. A cidadanía paga os seus impostos para ter unha atención sanitaria axeitada e en tempo, pero na sanidade pública.

As estatísticas reflicten que a mortaldade é mais alta nos hospitais privados.
Queremos unha SANIDADE 100% PÚBLICA, é a única garantía de ter unha atención de calidade para todas e todos. 

Sabemos que esta planta se abre e se pecha en función da situación sanitaria. Pero consideramos que ata que os case 60.000 usuarios e usuarias das listas de agarda da area de A Coruña sexa atendidos, tódolos recursos do sistema teñen que estar disponibles.

Non imos permitir que se peche ningunha planta mais en ningún hospital, non co noso silencio,  e facemos un chamamento a profesionais e cidadáns para estar alerta e defender os nosos hospitais públicos ante calquera peche que se produza.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: