O Sergas terá que aclarar os abortos sen asistencia médica no hospital público da Coruña

Abortos sen asistencia médica no hospital público da Coruña.

Esa é a denuncia da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, que asegura que as mulleres que se ven obrigadas a abortar no segundo trimestre de embarazo non teñen garantida a asistencia necesaria, nin a duha matrona nin a do persoal médico axeitado, no Materno Infantil da Coruña.

A Plataforma polo Dereito ao Aborto denuncia que no Materno Infantil non se garante a asistencia necesaria a unha muller que aborta no segundo trimestre de embarazo

Foi hai xa sete meses cando a Plataforma, a través do COF (Centro de Orientación Familiar) remitiu un escrito á xerencia do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e ás directoras médicas e de enfermaría do hospital advertindo de como debía ser a atención a estas mulleres que sofren un aborto a partir das 14 semanas de xestación segundo os protocolos internacionais. No mesmo texto denunciábase que non se estaban a cumprir nin cos mínimos no Materno Infantil e instábase a tomar medidas. Pero nada se fixo aínda. De feito, a xerencia da área sanitaria recoñeceu que non se garante a asistencia a cada unha das pacientes que acode a esta interrupción do embarazo do mesmo xeito que nun parto. Segundo recolle Radio Coruña, o Materno xustifica o seu traslado a xinecoloxía para preservar a súa intimidade.

“Como mínimo pediamos un protocolo por escrito da xerencia para que os traballadores o tivesen en conta e se aplicase, pero nin iso recibimos”, explican desde a Plataforma, que aclara que desde que en xullo reclamaron solucións “nunca” tiveron resposta. Aínda así, houbo algún avance no hospital, onde se chegou a habilitar un cuarto para estes abortos, pero ningún avance máis e coa mesma problemática vixente.

A situación foi denunciada á xerencia do CHUAC hai sete meses pero non houbo solución ningunha

https://www.facebook.com/736048756448554/videos/vb.736048756448554/959538147432946/?type=2&theater

As denuncias son graves, tanto como que houbo mulleres que tiveron que abortar soas nunha cama ou mesmo no baño do seu cuarto e sen asistencia ningunha para recoller o feto, o que tamén provoca danos psicolóxicos que logo deben ser tratados. Ademais, e segundo advirten, non hai posibilidade de recibir a anestesia epidural nin garantía de asistencia médica. A xerencia ofrece como solución, no caso de querela garantida, que as pacientes sexan trasladadas a Madrid e que o Sergas asuma os custos do desprazamento.

“Non é un caso illado nin dous, son moitísimos testemuños e máis que están a xurdir logo da denuncia pública”, insisten desde a Plataforma, que aclara que este proceder vai en contra de todos os protocolos internacionais sobre dereitos sexuais e reprodutivos, que advirten da necesidade de que a muller sexa atendida por profesionais de xinecoloxía e un parto asistido nunha sala axeitada e non no cuarto de ingreso.

Mulleres tiveron que abortar soas nunha cama ou nun baño sen asistencia ningunha para recoller o feto, segundo as denuncias

O caso chegou xa ao Parlamento e o BNG presentou unha interpelación na que reclama do Goberno galego e da Secretaría Xeral de Igualdade abrir unha investigación sobre as condicións nas que se atopan as mulleres sometidas á interrupción voluntaria do embarazo. “É un horror, a violencia total; é intolerábel”, aseguran catro deputadas do Bloque, que presentaron tamén unha pregunta en pleno. Ademais, o Concello da Coruña vén de solicitar unha xuntanza co conselleiro de Sanidade ante a “preocupación” pola atención do CHUAC.

O BNG pide unha investigación e o Concello da Coruña xa solicitou unha xuntanza co conselleiro

“Consideramos necesario que se doten os servizos para que esta situación, xa de por si tan traumática para as mulleres, non se produza e dispoñan tanto de persoal sanitario como de anestésicos (epidural), igual que se de un parto se tratase”, sinala a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, no documento remitido este mércores ao departamento autonómico.

Respecto das causas desta situación, a Plataforma asegura que “inflúe” o recorte de persoal que na sanidade pública se leva facendo nos últimos anos, pero lembran que “isto sucede, en maior ou menor medida, en todas as áreas sanitarias de Galicia desde hai anos”. En Ferrol, sen ir máis lonxe, tamén se denunciaron casos semellantes. “É evidente que os recortes afectan pero tamén é unha cuestión ideolóxica; de non ser así, non se entende que se garanta a asistencia e tratamento axeitado dunha muller que vai parir un fillo e non daquela que, pola causa que sexa, aborta no segundo trimestre de embarazo”, engaden.

A Plataforma atribúe a situación ao “recorte de persoal” pero, sobre todo, a “unha cuestión ideolóxica”

Ante este caso, o colectivo xa convocou unha mobilización para este xoves 18 de febreiro, ás 12 horas, diante do Rexistro do Hospital Universitario da Coruña para reclamar que se “tomen as medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade ás mulleres que precisan un aborto no segundo trimestre do seu embarazo”. Ademais, anima a cidadanía a entregar escritos de reclamación no rexistro do CHUAC, “expresando o seu rexeitamento a esta situación e demandando que se adopten as medidas oportunas”

Enlace relacionado

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: