INCOMPATIBILIDADES

Ante as últimas denuncias acaecidas sobre a utilización de recursos públicos con fins privados, por parte de profesionais que prestan os seus servizos en ámbolos dous tipos de sanidade, esta Coordinadora quere denunciar que, lonxe de ser un caso excepcional, vense convertendo nunha práctica habitual a tenor das denuncias públicas é privadas que se veñen dando nos últimos anos e en tódalas partes do Estado.

Se ben, dende a nosa coordinadora, avogamos polo réxime de exclusividade dos traballadores do sistema de saúde público, preguntámonos, por qué existindo no marco legal actual unha serie de leis que regulan a incompatibilidade do persoal Estatutario (Lei 53/1984, DE 26 DE Decembro , RD 598/1985, Lei 14/1996 25 abril Xeral de sanidade , RD 1558/1986 28 Xuño, lei 55/2003 16 Decembro Estatuto Marco) , cada día é menor o interese en levar a cabo o seu cumprimento e desenvolver os mecanismos de control necesarios para o seu adecuado cumprimento.

O anteriormente exposto, leva a esta coordinadora a concluír , que cada día é maior o interese en establecer unha solución de continuidade entre a sanidade pública e a Sanidade privada que favoreza a progresiva privatización do sistema público, ou no menos malo dos escenarios, que a meirande parte do gasto sexa cargado as arcas públicas, mentres aumenta a marxe de beneficio das entidades privadas e intereses particulares.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: