Informe sobre a situación da sanidade galega no 2015

BALANCE DRAMÁTICO DA  SANIDADE GALEGA NO 2015
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)
Decembro de 2015

Desde o punto de vista sanitario poderiamos resumir o ano 2015  como un paso mais na senda do desmantelamento da sanidade publica que leva a cabo o goberno de Núñez Feijóo para abrir espazos de negocio a empresas e a multinacionais afines ao PP.

1.- Redución do orzamento sanitario público nun 18.3% desde 2009, sendo a CCAA que fixo o recorte máis severo. A mais prexudicada foi en Atención Primaria  que baixou un  22.3% fronte a un 0.2% da hospitalaria.

2.- Recortes de persoal: desde o inicio da crise perdéronse 1.795 prazas na sanidade pública, 1.154 en AP e 641 nos hospitais. Os recortes  afectaron a 513 prazas de medicos (392 en AP e 121  en hospitais), a  184 prazas de enfermería hospitalaria e a 1.121 prazas de persoal non sanitario. O ano pasado o SERGAS reduzo o persoal  nun 30.6% fronte a unha media do 7.9% do Estado.

3.-Recorte en camas: Entre 2010 e 2014 elimináronse 447 camas hospitalarias públicas en a pesar do incremento das listas de espera e da conxestión permanente dos servizos de urxencias.

4.- No Novo Hospital de Lugo seguen as limitacións nos Servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear para tratar a pacientes con cardiopatías ou cancro.

 5.-Prosegue o desmantelamento e a privatización do Sistema:

Moitas das actividades estratéxicas do Sergas e a Consellería, pasaron a mans de empresas multinacionais e fondos de inversión, baleirando de contido ás estruturas directivas e deixando a xestión do sistema sanitario público galego a mans privadas.

  • A utilización do modelo de Colaboración Público-Privada para construír o Novo Hospital de Vigo incrementou o seu custe de 450 a 1.400 millóns de euros, pese o cal reducíronse as camas operativas de 1.230 a 850, os quirófanos nun 31.4%, as camas de UCI nun 25.5%, a superficie de Urxencias nun 55.5% ou os servizos de Radioloxía nun 45%. Tamén se recortaron consultas, superficies, equipamentos, calidade nos materiais, o as prazas de aparcadoiro (que deberán pagar tanto traballadores como usuarios) etc. O hospital, desde a súa apresurada inauguración, acumula problemas e conflitos, que poñen en risco a calidade da atención, a actividade asistencial e mesmo a seguridade dos pacientes.
  • A Xunta xa licitou a ampliación e xestión privada do hospital de Ourense (CHOU) favorecendo á empresa concesionaria –integrada por ACS, Indra e La Caixa-, en 41 millóns de euros. A ampliación do hospital do Salnés foi adxudicada á multinacional Cofely-Suez.
  • Renovouse o Concerto Singular co hospital privado Povisa de Vigo, pese a advertencias en contra do Consello de Contas, o que supón pagar un canon anual de 75 millóns de euros pola utilización de 403 camas, pese a ter menos recursos humanos e materiais que os hospitais do SERGAS
  • Privatizouse o Laboratorio Central de Galicia, adxudicado a multinacional UNILABs, o que pon en perigo os laboratorios dos hospitais públicos, que poderán pechar progresivamente como en Vigo
  • Mantense a empresa de xestión privada Galaria S.A., incumprindo o compromiso de integrar os servizos de  Radioterapia, a Medicina Núclear/PET e a Resonancia Magnética.
  • Prosegue a privatización dos servicios tecnolóxicos mediante a figura do “socio tecnolóxico”, polo que as mesmas empresas que fabrican os aparellos tecnolóxicos controlan os equipos que deben adquirir os hospitais, fixan o seu prezo e deciden onde se ubican. Este modelo de contratación xa levou a unha inversión de 88 millóns de euros na compra de novas RMN, cando bastaría con substituír os equipos actuais cambiando só o software (moito máis barato).
  • Privatizouse a investigación sanitaria mediante os Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do Sergas, acollidos ao modelo empresarial, coa participación das multinacionais farmacéuticas que controlan e dirixen a investigación, e teñen acceso a datos xenéticos e outras informacións sensibles sobre a saúde da poboación galega.

 7.- Trasládanse os servizos estratéxicos do Sergas a empresas multinacionais e fondos de inversión (os recursos necesarios para o control e funcionamento da  sanidade pública pasou a mans privadas)  aos que haberá ademais que pagar enormes cantidades de cartos por realizar unha función que se facía con recursos propios:

  • Servizo de ambulancias: adxudicado por 236 millóns de euros á UTE Ambulevante, empresa valenciana relacionada con ex-presidente de Valencia Fabra.
  • Historia clínica electronica (Ianus): concedida a Indra, o que supón deixar en mans privadas todos os datos sanitarios da poboación galega.
  • Telecomunicacións, cedidas a Telefónica (por 28 millóns de euros), empresa relacionada co La Caixa, BBVA e Bankia.
  • A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por un directivo que provén da auditora
  • O teléfono de cita previa, tamén foi adxudicado a Netaccede.
  • O servizo de subministro e loxística entregado, por 88 millóns de euros, á empresa Severiano Servicio Móvil
  • O mantemento dos equipos sanitarios adxudicado á Ibérica de Mantenimiento SA.
  • A xestion da limpeza e enerxía entregada ao Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria Martinsa-Fadesa, (quebrada en 2008 e responsable do desplome de Novagalicia Banco).
  • O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, propiedade do fondo de inversion Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE e imputado no caso Bankia).
  • Os servizos de protección radiolóxica cedidos a General Electric, a mesma empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade.
  • Teleasistencia domiciliaria: teñen contactos con R Comunicaciones (empresa inicialmente galega, vendida ao fondo de inversión CVC-Capio).
  • Tamén cederon ao sector privado as contratacións públicas do Sergas. Transferiron esta actividade á Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que xestionan tamén a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica.

 

8.- As Unidades de Xestión Clínica (UXC): o próximo paso cara a privatización do Sistema sanitario público que pretenden converter os Centros de Saúde e Hospitais en empresas con autonomía de xestión, presupostos propios e capacidade para beneficiarse dos aforros conseguidos en persoal, material ou actividade asistencial. As UXC abren a porta ao mercado, á xestión privada e á laboralización do persoal.

Enlace relacionado da FADSP

Anuncios

Un comentario sobre “Informe sobre a situación da sanidade galega no 2015

Agrega el tuyo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: