Comunicado ante o falecemento dunha doente no HUAC

pinHans_Logo
A Coordinadora AntiPrivatización da Sanidade Publica súmase á esixencia de explicacións pola morte dunha enferma o pasado 21 de outubro no HUAC. O silencio da Xerencia do Hospital diante deste feito, fai que xurdan moitas preguntas que poden sintetizarse nunha: ¿Había ou non camas pechadas no Hospital, onde puideran acoller á enferma? E senón é así, que o digan claramente.

Do que non existen dúbidas, son as nefastas consecuencias dos recortes impostos pola Xunta nos servizos sociais, comezando polo Sergas. Recortes en persoal sanitario, de tal xeito que os traballadores e traballadoras da saúde van camiño de ter ou ben o don da ubicuidade (estar en dous lugares o mesmo tempo) ou non poder atender a todas as persoas que enfermen. Recortes en medios e investimentos, como o peche de camas (no verán 1200 camas pechadas, como se as enfermidades colleran vacacións),  para despois derivar á sanidade privada o que tería que facerse na sanidade pública.

Os hospitais privados e as aseguradores crecen a medida que o estado deixa de facer investimentos no sistema sanitario público. E quen paga estas políticas son os traballadores e traballadoras nas súas condicións laborais e persoais (estress, etc.), e os usuarios e usuarias, que ven como os seus dereitos a unha sanidade de calidade desaparecen cos recortes. Por onde desaparece o estado, aparece o negocio privado, onde por definición o beneficio está por riba de calquera outra consideración.

A Coordinadora Antiprivatización considera que a saturación das urxencias, o peche de camas, os recortes en persoal e investimentos son feitos probados, e as tráxicas consecuencias da austeridade imposta desde a UE e os gobernos non tardarán en aparecer. Por este motivo, chamamos a todas as persoas que sufran estas consecuencias a que denuncien, a que esixan os seus dereitos a unha sanidade de calidade e pública, financiada polos nosos impostos e non por esmolas dos “ricos” con mala conciencia de seren “tan” ricos . A sanidade é un dereito non unha concesión.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: