Contestación ao comunicado do SERGAS ante o peche de camas

Ante o comunicado emitido polo SERGAS o pasado domingo 16 de Agosto de 2015, afirmando que o peche de camas obedece a unha menor ocupación hospitalaria nestas datas, esta coordinadora ten que manifestar que é falso. Temos unhas das listas de espera das mais altas de todo o estado, e aínda que esta afirmación fora certa, teríanse que utilizar estas datas para atender aos doentes que levan meses sen ser atendidos.
O director do CHUAC ten manifestado ante a saturación das urxencias, que se deben á chegada de turistas a cidade, e trala entrevista mantida coa Subdirectora de Atención ao Paciente da Xerencia de Xestión Integrada do CHUAC fai un mes, co motivo dunha queixa dunha doente que leva oito meses esperando a ser atendida, contestounos que nestas datas é normal o incremento de ingresos por razóns propias da tempada estival.
A realidade é teimuda, e contradí, unha vez mais, o que onte comunicou o SERGAS.

E non é normal que sabendo isto, se pechen camas, ou non se cubran as vacacións de especialistas, e haxa doentes, como a que citamos antes, que leve oito meses sen ter contestación ata fai uns poucos días, e grazas ás reclamacións.

Cando se fala de xestionar eficientemente a programación das vacacións ¿refírese a que moita xente se lle retrasa a cita que tiña concedida en agosto e se lle pase a setembro, como está a suceder? Ou é como nos dixo a Subdirectora que era unha mala data xa que moito persoal especialista estaba de vacacións. ¿É este o xeito de planificar as vacacións, desatendendo a miles de doentes que levan meses esperando a ser atendidas/os? As vacacións non son algo novo para poñelo como escusa, o que fai falla e saber ou querer planificar en beneficio da cidadanía.

A saturación nas urxencias son froito desta política de recortes que afecta sobre todo á atención primaria, e que xunto a doentes que non se lles presta asistencia sanitaria pola súa situación administrativa, fai que as urxencias sexan a unica saída para cada vez mais doentes.

Estas medidas nos confirman que o obxectivo é o desmantelamento da atención primaria e a sanidade publica. Moitas persoas con doenzas quéixanse de que foron atendidas ata por 6 profesionais distintos, como comentounos un cidadán recentemente. Isto provoca desconcerto, medo e mala atención a doentes, que moitas veces acaba en urxencias.

Temos que recordar tamén que Galicia é a única comunidade que rebaixou o orzamento de Sanidade nun 10,37% para este ano, salvo Aragón que o fixo un 0,30%. O resto das comunidades autónomas subiron o orzamento por este concepto. O resultado é que hai ata 600 euros de diferenza de orzamento por doente en función da comunidade autónoma onde se viva.

gasto_sanitario

O obxectivo é claro, o desmantelamento, o desarme da nosa sanidade, convertela en algo insostible, en algo alleo á cidadanía, para logo ser entregada as mans das entidades privadas das que a conselleira Mosquera sabe moito.

Un/ha doente que ten que esperar 1 mes para ser atendida/o, pode pensar que xa non ten sanidade pública, e este é o verdadeiro obxectivo, botarnos nas mans das aseguradoras privadas.

Temos que defender a sanidade que temos, e mellorala facéndoa pública 100%, porque ata o de agora foi a sanidade mais rendible socialmente, eficiente economicamente e a mais barata de tódolos sistemas sanitarios coñecidos.

Por todo isto, facemos un chamamento a todas as persoas con doenzas e cidadanía que estean pola defensa da sanidade pública, para que fagan pública a súa situación e que se sumen a loita pola defensa da nosa sanidade. Xuntas e xuntos conseguirémolo.

A Sanidade non se vende, deféndese.

Anuncios

Un comentario sobre “Contestación ao comunicado do SERGAS ante o peche de camas

Agrega el tuyo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: