O cinismo de Mar Barcón

 

MarBarcon2

Fai uns dias oímos a Mar Barcón na praza do Obelisco facer unha defensa a ultranza da sanidade pública. O problema é que a veces os feitos contradín as palabras, como é neste caso. Mentres esta concelleira facía unha boa representación, berrando alto e claro pola defensa da sanidade pública, os seus compañeiros en Bruselas votaban a favor dos tribunais de arbritraxe do Tratado de Libre Comercio que se está a negociar cos Estados Unidos. Si este tratado entra en vigor, as reformas do PP quedarán blindadas de por vida, so pena de ter que pagar cuantiosas multas e indemnizacións ás multinacionais, si as leis que poidan vir, rebaixan as súas previsións de beneficios.

Tamén podemos recordar as declaracións feitas por esta concelleira o día 11 de Outubro á Cadena Ser (enlace relacionado) sobre o seu proxecto sanitario para A Coruña, e que afonda no modelo sanitario do PP de co-financiacion público privada, que supón a continuación do desmantelamento do noso sistema público de saúde. Mar Barcón díxo que non descarta o cambio de ubicación do hospital universitario. O que ten que explicarnos é con qué cartos vaise facer esa obra, e si vai na liña da colaboración financeira público-privada.

A segunda proposta, que fai que pensemos que a primeira vai na misma liña, é a creación dun centro de referencia en Eiris para demencias senis en colaboración coa Fundación privada Reina Sofía.

É a misma liña defendida polo PP, que o único que persigue é poñer as nosas vidas en mans de entidades privadas, e facer negocio coa nosa saúde.

A señora Mar Barcon debería explicarnos o por qué da colaboración con esta fundación, cando aparece envolta nun caso de corrupción coa fundación AFAL, investigada por estafar a doentes de Alzheimer e quedarse cos seus bens.

Esta Coordinadora rechaza calquera colaboración con calquera entidade privada na atención sanitaria. A única garantía dunha sanidade de calidade para tod@s, consíguese só cunha sanidade totalmente pública. Non se consigue cando se colabora con fundacions envoltas en escándalos ou con empresas que só persiguen o lucro a costa da saúde da cidadanía.

Si este é o proxecto do PSOE, constatamos unha vez mais, a coincidencia de criterios nos obxetivos co PP, os de repartir o que é noso coas multinacionais, o de xogar coa nosa saúde e coas nosas vidas, e unha vez mais, o de votar xunto co PP no concello e en Bruselas.

Ata o de agora non temos escoitado a Mar Barcón decir nada en contra do votado en Bruselas a favor do TTIP. É decir, esta concelleira comparte claramente a defensa dos intereses das multinacionais en detrimento da sanidade publica, da educación pública e dos servicios públicos, xa que o TTIP ten como obxectivo a destrución de tódolos servicios públicos. Ata o momento o Psg-Psoe e Mar Barcón nada dixeron ao respecto.

E por último só un pequeno detalle mais. Para garantir unha sanidade pública é necesario derogar as leis 15/1997 (¿sónalle sra. Barcón?), a 16/2012 e o artígo 135 da Constitución (isto tamén lle sonará). Aínda non hemos escoitado nada  por parte de vostede sobre este tema, e algúns dos seus compañeiros enfádanse cada vez que se fala disto. Estamos á espera de que nos aclare a súa posición.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: