NON É CERTO QUE NON ESTEAN A RECORTAR RECURSOS EN SAÚDE MENTAL

MGSM
Hai menos dun mes, despois de denuncias públicas e mobilizacións contra o seu plan, o Xerente da Área Sanitaria de Santiago comprometeuse a non pechar camas de hospitalizaciónpsiquiátrica na Unidade existente no Hospital de Conxo e no resto do Complexo, tal como tiña previsto para cumprir cos obxectivos da Consellería de Sanidade.

A día de hoxe, a pesares do prometido, estamos a asistir a unha conduta dos responsables sanitarios en Compostela, protagonizada pola Xerencia e pola Xefatura de Servizo de Psiquiatría, inaudita e perigosa.

Efectivamente, aínda non se pecharon camas psiquiátricas, mais séguense a limitar os ingresos psiquiátricos de pacientes en descompensación aguda e estanse a precipitar as altas, reducíndose temerariamente as estadías hospitalarias. Dese xeito, paseniño, os executores de recortes van reducindo a ocupación de camas e van podendo, así, prescindir de persoal sanitario, un dos obxectivos que perseguen.

E para facer todo isto están a concentrar selectivamente por orde da Xerencia, e coa connivencia do Xefe de Servizo, as hospitalizacións na Unidade de Conxo, que ían pechar en xullo, enviando dende Admisións todos os ingresos á mesma. Nesa Unidade é xefe directo asistencial o actual Xefe de Servizo, e nela é observable un patrón de altas en dente de serra, coma se periodicamente se drenara bruscamente a Unidade, absolutamente incompatíbel co patrón de altas psiquiátricas. Mentres a outra Unidade de Hospitalización, a do Hospital Gil Casares, vai quedando baleira, ao non ingresarse nela pacientes. Velaí a estratexia a seguir para diminuír ocupacións hospitalarias e cuestionar a necesidade de recursos. Non se considera como prioritario as necesidades dos pacientes.

A situación é esperpéntica: o límite de ocupación de camas está predeterminado e fixado moi por debaixo dos recursos existentes e das necesidades da área asistencial, seguindo só obxectivos xerenciais, de tal xeito que a pesar de dispoñer de camas, intentan ocupar un número menor que as prazas libres, para que así se poidan soportar os recortes de persoal sufridos. O resultado é a eliminación de facto de recursos sanitarios públicos, xa que non se ofrecen aos doentes.

O dano que se está a causar ás persoas con enfermidade mental é grave: néganselle medios asistenciais que están ao seu servizo por dereito, e expóñense a riscos graves para a súa saúde e a súa vida, ao limitarlle a atención que necesitan; e cárgase ás familias coa obriga asistencial e de coidados que corresponde á sanidade pública que xa pagaron cos seus impostos. O dano que se está a causar á sanidade pública é evidente ao impedir a eficacia terapéutica que os profesionais co seu traballo poderían acadar.

Non é certo que quen nos goberna teña agora maior sensibilidade social, como insisten en dicir. Non é certo que pararan os recortes. Non é certo que non se estean a pechar máis camas que as que dixeron. Non é certo que estean a respectar as necesidades asistenciais das persoas. Só é certo que minten algo mellor de como o facían hai un ano.

Este xeito de administrar e dirixir a sanidade pública, e moi en particular a atención á saúde mental, debe rematar. Os executores dos recortes deben marchar, e tod@s debemos prepararnos para reparar o inxente dano que están a causar no público, no que é de tod@s, e na saúde e dereitos d@s cidadáns. Mentres tanto non imos deixar de denunciar os danos que a denegación da atención sanitaria á que teñen dereito poida causar ás persoas afectadas por enfermidade mental.

En Santiago de Compostela, a 9 de xullo de 2015

Movemento Galego da Saúde Mental

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: