Club Gertecht ou quén está detrás da privatización da sanidade pública

Gertecht

O Director Xeral de Recursos Económicos do Sergas e os xerentes de Vigo e A Coruña foron poñentes principais nos Foros do Club Gertech, e a propia Conselleira de Sanidade defendeu nun foro en Barcelona, a laboralización do persoal sanitario para que traballe nas Areas de Xestión Clínica.

Quen participan neste foro privatizador:

  1.  Altos cargos e directivos da Sanidade Pública.
  2. Centros “públicos” de investigación.  O instituto de Saúde Carlos III é o principal Organismo Público de Investigación: financia, xestiona e executa a investigación biomédica. Nembargante, os seus centros de investigación estratéxicos, como o de enfermidades neurodexenerativas “CIBERNED”, o de enfermidades raras “CIBERER”, o Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas “CNIO”, ou o centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares “CNIC”, teñen personalidade xurídica propia e/o funcionan mediante colaboración público-privada.
  3. Madrid Network. Rede público-privada formada por mais de 750 asociados na que participan empresas, centros de investigación, universidades, centros tecnolóxicos, que buscan beneficios económicos coa innovación sanitaria.
  4. Empresas privadas:
    1. Medtronic: É a maior compañía privada de tecnoloxía médica, con sede en Minneapolis.
    2. Philips: Adquiriu diversas empresas que fabrican material sanitario como Marconi Medical Systems o partes de Westinghouse Electric. Arrastra importantes problemas económicos, que pretende resolver vendendo os seus productos tecnolóxicos ao sistema sanitario público.
    3. Roche. Un dos seus principais motores económicos é a súa División Pharma. Controlar os protocolos e guías clínicas das Unidades de Xestión Clínica, pode supoñer un enorme negocio para colocar os seus novos medicamentos co paraugas da innovación.
    4. Nec Corporation: Multinacional que posúe  Lenovo, empresa informática con sedes centrais en USA e China. Controlar o desenrolo dos sistemas informáticos do sistema pode proporcionarlle un gran poder de control e enormes beneficios.
    5. CITEC-B (Centro de Imaxe e tecnoloxía do Coñecemento Biomédico). Ten como finalidade transformar o coñecemento sanitario que xeneran os profesionais da saúde na súa actividade profesional, almacenarlo en computadoras e transformalo en produtos comercializables como negocio.

Na súa web xa aparecen misturados, sin vergoña de ningún tipo, os laboratorios e multinacionais co goberno español, indicando os séus obxetivos e intentando buscar entre todos, novas formas de negocio, eles o chaman de xestión, na sanidade pública a costa da nosa saúde.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: