Plataforma Galega de afectados pola Hepatite C

pacientes-hepatitis

Esta coordinadora solidarízase e ofrece a súa total colaboración á Plataforma Galega de afectados pola Hepatite C.  Non podemos permitir ni un día máis o abandono ó que se senten sometidos estes doentes. Nunha sociedade democrática, onde se di que se respetan os dereitos humans, non podemos aceptar a morte de ningún doente máis, tendo como temos, un tratamento que pode curar a enfermidade. Cunha lousa de entre 10 e 13 mortes diarias por esta enfermidade, este goberno convértese en cómplice das mesmas.
Como xa dixemos fai pouco, para matar non fai falla apretar un gatillo, con negar a medicación ós doentes, o resultado é o mesmo, e non valen xustificacións económicas. A vida das persoas está por riba de todo, quen pense o contrario convértese nun criminal, nun mal chamado cidadán que non lle preocupa o mais mínimo a vida das persoas.
Xuntos temos que esixir que todas as persoas teñan o tratamento canto antes, e evitar esta choiva arrepiante de mortes innecesarias.

O DOMINGO DÍA 4, atletas solidarios de diversas partes de Galicia percorrerán por relevos a distancia entre Vigo e Santiago de Compostela para traer a carta da Plataforma aos Reis Magos que depositaremos no Belén da Praza do Obradoiro. A sáida será ás 08:30 desde a árbore de Nadal da Porta do Sol e a chegada á PRAZA DO OBRADOIRO ás 18:00 horas. Chamamos a toda a cidadanía a mostrar a súa solidariedade coa nosa reivindicación de acceso ao tratamento que precisamos, concentrándose connosco na Praza do Obradoiro, sen máis simboloxía que a da propia plataforma, para recibir a carreira e asisitir á lectura da nosa carta.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: