Como afectaría o tratado de libre comercio (TTI) a nosa sanidade pública

REPERCUSIÓN DO TRATADO DE LIBRE COMERCIO SOBRE A POLÍTICA FARMACÉUTICA

  • Prolongar o tempo de vixencia das patentes dos medicamentos a mais de 20 anos.
  • Retrasar a entrada dos xenéricos no mercado.
  • Reducir os requisitos para as patentes para facilitar a comercialización das innovacións biotecnolóxicas.
  • Incrementar o período de protección dos datos dos medicamentos biolóxicos a mais de 12 anos (entre 4 e 8 na actualidade)
  • Prohibir ou limitar as políticas dos gobernos de prezos e reembolsos, para favorecer prezos mais altos para as falsas innovacións que non aportan melloras terapéuticas.
  • Presenza dos laboratorios nos organismos estatais que fixen as políticas de prezos (garantías procesáis).
  • Limitar a información dos resultados dos ensaios clínicos de novos fármacos, que garanten a calidade e a seguridade para os doentes e favorecen a medicina baseada na evidencia, para evitar unha presunta desventaxa comercial dos laboratorios.
  • Incluir mecanismos de arbitraxe (alleos ós tribunais de xustiza dos países) para que as compañías poidan reclamar compensacións económicas por decisións que afecten ós doentes, xenéricos ou controles de prezos que reduzan o seu negocio.
  • Converxencia regulamentaria para que UE e USA suplanten á OMS no establecemento de normas de rexistro, calidade, seguridade e eficacia dos medicamentos (resucitar o colonialismo comercial cos países menos desenvolvidos).

OBXETIVOS DO TRATADO DE LIBRE COMERCIO PARA A SANIDADE PÚBLICA

  • Utilizar as Unidades de Xestión clínica como fórmula para fraccionar os centros sanitarios en múltiples empresas.
  • Transformar a estratexia de atención ós enfermos crónicos, orientándoa á utilización de aparatos tecnolóxicos que os controlen nos seus fogares.
  • Privatizar o sistema de información do sistema sanitario(historia clínica electrónica, redes informáticas de comunicación entre niveles e profesionais, sistemas para informar e dar citas ós doentes, Call center… etc.)
  • Otorgar ó sector privado o control dos programas e actividades de investigación e difusión das innovacións sanitarias e da formación de persoal

O DESORBITANTE COSTO DA XESTIÓN PRIVADA NA SANIDADE

Sole ser un tópico utilizado por quen ten intereses na privatización da sanidade, que a xestión privada consigue aforros sustanciáis na prestación dos servizos sanitarios, porque, dise, lograría unha maior eficiencia. Este tópico non se sustenta en ningunha evidencia científica.
Un bo exemplo son os presupostos da Comunidade de Madrid dos anos 2010 e 2011. Nesa comunidade, o presuposto/cama/ano dos centros públicos foi de 277.375€ fronte a 434.686€ dos centros de xestión privada ou semiprivada en 2010, e 307.187€ contra 485.970€ no ano 2011.
O mesmo ocorre cando se fala das construcións dos hospitais. En Madrid os 7 hospitais abertos polo modelo PFI(colaboración público-privada), tiñan un costo de construción de 701 millóns de euros.
A finais de 2011 a Comunidade de Madrid pagou ás empresas construtoras 761,3 millóns de euros, pero aínda queda unha débeda pendente de 4.284 millóns de euros, é dicir, 6 veces mais do costo real.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: