O proxecto sanitario de Mar Barcón para A Coruña

Tralas declaracións feitas por Mar Barcón o día 11 de Outubro á Cadena Ser (enlace relacionado) sobre o seu proxecto sanitario para A Coruña, a Coordinadora antiprivatización da sanidade pública – A Coruña, quere expresar o seu total rechazo ás medidas propostas. O modelo sanitario desta representante do PSOE afonda na estratexia do PP de co-financiacion público privada, que supón a continuación do desmantelamento do noso sistema público de saúde. Mar Barcón dí que non descarta o cambio de ubicación do hospital universitario. O que ten que explicarnos é de donde vai sacar os cartos para esa obra nestes momentos, e si vai na liña da colaboración financeira público-privada.

A segunda proposta, que fai que pensemos que a primeira vai na misma liña, é a creación dun centro de referencia en Eiris para demencias senis en colaboración coa Fundación privada Reina Sofía.

É a misma liña defendia polo PP, que o único que persigue é poñer as nosas vidas en mans de entidades privadas, e facer negocio coa nosa saúde

A señora Mar Barcon debería explicarnos o por qué da colaboración con esta fundación, cando aparece envolta nun caso de corrupción coa fundación AFAL, investigada por estafar a doentes de Alzheirmer e quedarse cos seus bens.

¿É este o proxecto do PSOE na sanidade? ¿Xogar coa desgracia allea?

Esta Coordinadora rechaza calquera colaboración con calquera centro privado na atención sanitaria. A única garantía dunha sanidade de calidade e gratuita para tod@s, consíguese só cunha sanidade pública. Non se consigue cando tratase de colaborar con fundacions envoltas en escándalos ou con empresas que só persiguen o lucro a costa da cidadanía.

Si este é o proxecto do PSOE, constatamos unha vez mais, a coincidencia de criterios nos obxetivos co PP, o de repartir o que é noso coas empresas privadas, o de xogar coa nosa saúde e coas nosas vidas.

Por todo isto, animamos a todala poboación a reclamar ante a administración ante calquera irregularidade que sufra, e que se poña en contacto con nós para denunciar públicamente estas situacións, e loitar todos xuntos contra o desmantelamento do sistema público de saúde.

Recorda, a privatización está matando a moita xente, ti podes ser o siguinte.

Xuntos poderemos conquerir unha sanidade pública, gratuita, universal e de calidade para tod@s.

Movilízate, e defende o que é teu.

PRIVATIZAR MATA!!

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: