10 de Outubro, Día Mundial da Saúde Mental: Vivir con TMG, aquí e agora

O día 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, o MGSM concentrou todos os seus esforzos en visibilizar esta data e a problemática das persoas que padecen Trastorno Mental Grave (TMG). Por este motivo escollemos este lema alternativo, porque cremos que, lonxe das consignas baleiras que nos chegan dende as institucións, é na rúa, nos centros de traballo, nas asociacións e cos usuarios e familias, onde se sitúa o foco da reivindicación.

Non podemos obviar que, dende os mesmos ámbitos dende os que nos chegan mensaxes “anti-estigma” estase a permitir e favorecer o desmantelamento dos servizos sociais e sanitarios, co especial prexuízo que isto causa ás persoas con TMG. Por isto, no MGSM quixemos dotar de contido reinvindicativo real esta xornada, con diferentes iniciativas:
  • Colocación de carteis e pancartas nos diferentes centros sanitarios
  • Confección de murais
  • Chapas para todo o persoal nos centros de traballo
  • Proposta ante o Parlamento de Galicia (podes lela AQUÍ)
Porque a mellor campaña “anti-estigma” é proporcionar ás persoas con TMG os medios sanitarios, sociais, económicos e de integración laboral para que podan desenvolver plenamente as súas capacidades e diferentes proxectos de vida, con independencia e dignidade.
VIVIR CON TMG, AQUÍ E AGORA
Podes consultar a cobertura informativa no Xornal Praza PúblicaABC e Europa Press clicando aquí ou a través da nosa lista de ligazóns
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: